Madrid, 25 de maio de 2021, O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (Mitma) executará a partir de mañá obras de reparación do firme, a sinalización e o balizamento nas autovías A-6 e A-8, na provincia de Lugo.
O obxectivo é mellorar as condicións destes elementos tras as adversas condicións meteorolóxicas e os sucesivos temporais de choiva e neve do pasado inverno, que contribuíron a acelerar o seu deterioro.
O orzamento das obras ascende a 600.000 euros. Deles, investiranse 400.000 euros para reparar os tramos da autovía do Noroeste (A-6) entre os km 431,9 e 463,4, mentres que 200.000 serán para reparar a autovía do Cantábrico (A-8) entre os km 578,1 e 593,0. Actuarase nos termos municipais de Guitiriz, Begonte, Baralla, Becerreá (incluíndose a contorna do túnel de Cereixal), As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, na A-6; e Vilalba, na A-8.
Os traballos desenvolveranse a partir de mañá, 26 de maio, e prevese que, a expensas da climatoloxía, poidan quedar concluídos durante o mes de xullo.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



