Lugo, 26 de maio de 2021. A política de persoal que desenvolve o goberno provincial non acaba de librarse da sombra da sospeita; antes ao contrario, o presidente José Tomé parece empeñado en que esa sombra sexa cada vez máis intensa. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que “no pleno de onte, o goberno da Deputación de Lugo confirmou ao grupo do PP o ascenso da señora Sonia Verdes, ex deputada autonómica polo PSOE, como directora provisional da granxa Gayoso Castro, en substitución do recentemente xubilado, ex alcalde socialista de Triacastela, Miguel Ángel Fernández”.
Castiñeira sinala: “No PP non nos sorprende para nada esta situación de ascenso meteórico dalgúns empregados da Deputación que antes foron cargos socialistas. Primeiro, porque xa o denunciamos no seu día, ao ver nos primeiros postos da bolsa de emprego de veterinarios a dous ex cargos socialistas (Sonia Verdes e o ex concelleiro socialista en Lugo Daniel Piñeiro); ao pouco tempo, Sonia Verdes colleu praza e foi nomeada como representante da Deputación para tramitar a PAC. Agora, poucos meses despois, e tras varias prolongacións de servizo para xubilarse definitivamente do señor Fernández, agora xa teñen substituta; resulta unha auténtica “casualidade” que sexa de tanta confianza”.
Os populares temen “que a situación de provisionalidade, desta ex compañeira de Tomé no Parlamento, como directora da granxa pase a ser definitiva, como pasou nalgún outro caso que xa denunciamos”. Verdes pasou en poucos meses do nivel 20 ao 28.
Castiñeira declara: “É tremendamente sospeitoso que os dous últimos directores da granxa Gayoso Castro, que é un posto que figura na RPT con carácter técnico, non é un posto político, foran cargos socialistas en etapas anteriores. Así as cousas, non debe estrañarnos que haxa procesos denunciados nos xulgados por aspirantes que se senten infravalorados, como pode ser este caso”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



