Lugo, 26 de maio de 2021. Preto de 700 establecementos de toda a provincia se sumaron aos Bonos Impulso da Deputación de Lugo unha medida recollida no Plan de Impulso da Economía da Provincia coa que a institución provincial busca inxectar máis de 1,5M€ ao comercio, hostalería e turismo para axudarlles a paliar a crise económica derivada da Covid-19.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que, “unha vez finalizado onte a fase de inscrición de establecementos, nos vindeiros días publicaremos a listaxe de participantes definitiva e farémoslles chegar a cada local un distintivo da súa adhesión ao programa para facilitar que os veciños e veciñas saiban onde poderán canxear os seus bonos”.
Segundo informou Rivera, “técnicos da Deputación de Lugo visitarán a cada un dos negocios inscritos para explicar o seu funcionamento de forma individualizada, resolver dúbidas e repartir os distintivos”. Na páxina web da Deputación hai habilitado un espazo específico e visual onde os negocios poden encontrar información útil sobre a campaña. Así mesmo, a institución provincial ten habilitado o enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org e o teléfono 982.260.204 para calquera dúbida que poida xurdir.
A Deputación de Lugo destina a este programa 510.000€, pero terá un efecto multiplicador porque para utilizar os descontos, de 30€, as persoas deberán facer unha compra ou consumición mínima de 60€. Repartiranse 17.000 bonos entre a poboación da provincia de tal forma que as persoas beneficiarias gasten o seu bono no concello no que residen, “unha medida que nace co propósito de que haxa actividade económica en todos e cada un dos 67 municipios que conforman a provincia. Por iso, cada persoa que teña un bono só o poderá gastar nos establecementos adheridos do seu municipio”, apuntou o Deputado.
Na páxina web da Deputación de Lugo habilitarase nos vindeiros días un espazo no que todos os maiores de 18 anos empadroados na provincia poderán pedir o seu desconto para gastar nos establecementos adheridos do seu concello. En cada municipio haberá un reparto equitativo dos bonos seguindo criterios obxectivos, como a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas). En base a isto, a Deputación establece un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes.
Os bonos poderanse gastar en todo tipo de actividade comercial, hostaleira e de servizos agás á compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías. Asignaranse por orde de presentación de solicitudes, respectando o número mínimo e máximo establecido de bonos por concello, e fixando nesta primeira fase de asignación un máximo dun bono por persoa. Os beneficiarios recibirán na súa casa o seu Bono Impulso, que poderán utilizar como método de pagamento nun único establecemento. Este bono será nominativo, é dicir, levara o nome e apelidos de cada persoa, o que permitirá identificalo no momento da compra.
De non esgotarse todos os bonos nesta primeira fase de solicitude, a Deputación de Lugo habilitará novos prazos e realizará sorteos entre aqueles cidadáns interesados en participar no programa.
Efecto multiplicador
Pablo Rivera explicou que os 510.000€ destinados aos Bonos Impulso supoñen “unha inxección económica moi relevante en termos de consumo porque segundo os estudos económicos dos técnicos o impacto económico de cada euro investido multiplicarase por tres”. O responsable de Promoción Económica e Social explicou que “unha gran parte dos autónomos e das pequenas empresas atravesan momentos difíciles, por iso queremos axudar á súa recuperación con esta importante medida. Os Bonos Impulso da Deputación son un incentivo para apoiar ás empresas e ás familias, promoven a actividade nas tendas de barrio e nos negocios de sempre, e axudan á concienciación da relevancia social que teñen no noso día a día”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



