Santiago de Compostela, 31 de Abril 2021. En menos de 24 horas entrará en vigor a nova factura da luz que supón un incremento xeral en plena crise económica que, no caso das economías doméstica, só poderá paliarse a costa de adaptarse a uns horarios que dificulta aínda máis a conciliación laboral e familiar e, no caso das PEMES, supón un lastre para a súa competitividade. Todo isto nunha Galiza que exporta electricidade.
“Se unha familia non quere pagar máis pola luz ten que poñer a lavadora, a prancha, o lavalouzas ou facer calquera tarefa que supoña alto consumo eléctrico a partir das doce da noite, un horario que, se me permitides a ironía, é super, super compatible co descanso e coa conciliación familiar e laboral. E dicir, que se despois dunha xornada de traballo queres aforrar na factura da luz o que tes que facer e non durmir”, criticou a líder nacionalista.
Os cambios na factura da luz tradúcense en que ganan as eléctricas pero perden as familias e as PEMES, o que leva á portavoz do BNG a preguntarse quen toma realmente as decisións de goberno neste asunto de tanta transcendencia social.
“Hoxe moitas persoas pregúntanse quen goberna no Estado, se o Consello de Ministrxs ou os consellos de administración das empresas eléctricas que obteñen beneficios multimillonarios e onde sentan señores que cobran salarios astronómicos a costa de subir a factura a luz familias e pequenas e medianas empresas cando falamos dun servizo básico de primeira necesidade”, interpelou Pontón.
Un cambio nas tarifas eléctricas que en Galiza, ademais, coincide cunha eclosión de peticións para novos parques eólicos, á que o Goberno de Feixóo responde “poñéndose, unha vez máis, do lado das multinacionais e en contra do interese xeral, cómplice do espolio dos recursos naturais do País que supón que os beneficios marchan e os prexuízos quedan”, criticou.
As portas xiratorias co lobby eléctrico “funcionan tanto para o PSOE como para o PP”, denunciou Pontón, ao tempo que poñía sobre a mesa as propostas do BNG nesta materia.
Tarifa eléctrica galega, que lle permita a familias e empresas abaratar a factura da luz tendo en conta que somos un País que produce electricidade a esgalla. En segundo lugar, actuar pola vía fiscal aplicando un IVE super-reducido do 4% en lugar do 21% que se aplica agora dando categoría de luxo ao que é un servizo básico, e tamén no ámbito fiscal suprimir o imposto especial de electricidade.
Pero sobre todo, o BNG propón que a enerxía sexa considerada un ben público e un factor estratéxico da economía se realmente se quere ir ao fondo da cuestión e solucionar o problema da factura eléctrica. Por iso defende unha intervención desde a Administración a través dunha empresa pública de enerxía: “A electricidade ten que deixar de ser o negocio das eléctricas para converterse nun ben público”, sintetizou Pontón.
Cando están en risco miles de empregos no sector electrointensivo, estes cambios que incrementan a factura da luz cunha serie de colectivos especialmente afectados. Entre eles, ás 500.000 familias que tiñan a tarifa nocturna que desaparece, cun incremento estimado de até o 30%, ademais de poñerlle patas arriba a organización dos seus horarios.
Castiga tamén ás pequenas explotacións gandeiras, unhas 10.000, posto que as tarefas de alto consumo enerxético nunha explotación gandeira concéntranse nos tramos horarios que pasan a ser máis caros. Penaliza ao sector da hostalería, un dos máis afectados pola pandemia, porque a inmensa maioría dos bares, cafeterías e restaurantes están pechados nas horas de consumo máis barato e abertos nas horas de consumo máis caro.
E prexudica ás persoas consumidoras en xeral que, ou se axusten estritamente aos novos horarios ou verán como se dispara a súa factura da luz.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



