Foz, 02 de xuño de 2021. O PP de Foz transmite unha vez máis queixas de veciños pola falta de mantemento dos espazos públicos municipais. Nesta ocasión, o portavoz municipal dos populares, Javier Castiñeira, faise eco “das reclamacións dos veciños de Forxán, polo mal estado das áreas recreativas deste barrio de Foz”. Explica que “son dúas áreas recreativas moi significativas; concretamente as de Bispo Santo e a da praia de Peizás, cos seus merendeiros e demais equipamento”.
Os populares din que “por todas partes está altísima a herba”. Engaden: “Dá pena ver a do Bispo Santo, onde en circunstancias normais en poucos días deberiamos celebrar a romaría, pero que non se celebre non e desculpa para que estea totalmente abandonada”.
Castiñeira sinala: “Esas áreas úsanse para facer deporte ou para descansar e non poden seguir no estado no que se atopan. A de Bispo Santo está totalmente abandonada; as mesas de pedra rotas cos bancos tamén roto; incluso nin se podaron as árbores este ano. É un abandono absoluto por parte da área municipal de Medio Rural, que leva o BNG, que vai en sintonía co traballo do bipartito, que dende hai dous anos decidiu practicamente non facer mantemento das zonas verdes”. A queixa pola falta de atención ás zonas verdes foi exposta polos populares no pasado pleno, “ao que levamos un rogo para que se pintasen con lasur todos os elementos de madeira que hai (varandas, xardineiras, pasarelas, etcétera) que están en moi mal estado; a imaxe que dan estas áreas, nestes fins de semana, nos que estiveron tan concorridas, é penosa”.
Castiñeira sinala: “Os veciños de Forxán viron pasar as festas sen que se levaran a cabo os traballos de roza e coa parroquia absolutamente abandonada, algo que afeamos ao goberno municipal do PSOE e do BNG e reclamámoslle que repare as deficiencias indicadas”.

























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



