Lugo, 16 de xuño de 2021. En xullo do ano pasado, o grupo provincial do PP solicitou na Deputación o deseño e aplicación dunha liña de axuda ás orquestras e grupos musicais da provincia de Lugo, á vista da durísima crise pola que atravesaban como consecuencia das medidas para evitar contaxios durante a pandemia. O bigoberno provincial (PSOE e BNG) non tivo a sensibilidade necesaria para comprender a gravísima situación do sector e non artellou medidas algunha de apoio. Agora, o PP intenta de novo que a Deputación apoie a este sector, diante do risco certo de que moitas orquestras e grupos musicais da provincia desaparecen. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “A Deputación de Lugo permanece impasible diante da difícil situación pola que están a pasar as orquestras e grupos musicais da provincia. Hai case un ano pedimos, mediante un rogo no pleno, unha liña de axudas directas para o sector, pero nada se fixo ao respecto por parte do bipartito provincial”.
Castiñeira sinala: “Estamos a comezos de verán e vemos como moitas festas e verbenas se están aprazando; moitas pemes e autónomos vinculados ao sector, que levan practicamente un ano sen apenas ingresos, verán aprazados novamente estes eventos e a posibilidade de conseguir ingresos”. Engade: “A Deputación de Lugo aforra subvencións nestes eventos que non se levan a cabo, pero non reverte eses cartos que se aforran nos grupos e nos artistas lucenses, que eran os más beneficiados”. Destaca que “a Xunta de Galicia é a única Administración que está implicada realmente en tirar do carro deste sector e proba dilo é o plan piloto que se vai desenvolver este fin de semana, o levantamento de moitas restricións e as importantes axudas directas, axudas directas que a Deputación de Lugo non quixo establecer”.
Os populares destacan que a verbena é moi importante dentro do rural lucense, está moi vinculada á Galicia rural. Por ese motivo, como lembra Javier Castiñeira, “na Deputación de Lugo solicitamos no seu día por unanimidade a súa declaración como patrimonio cultural inmaterial de Galicia”.
Castiñeira manifesta: “Pedimos que, con urxencia, a Deputación tome medidas e se reúna cos representantes do sector, para trazar unha liña de colaboración e evitar a desaparición de moitos grupos e orquestras da provincia”. Sinala que “fronte á petición dos representantes das orquestras para que se incluíran nos circuítos culturais, como fixo a Deputación de A Coruña, a de Lugo negouse; era unha liña que podía axudar a paliar a situación que sufre o sector”. O portavoz popular di que o representante das orquestras, Manuel Fariña, díxolle que teme que este ano sexa moi complexo para as orquestras e os grupos e pide a maior implicación de todas as administracións para rescatar ao sector.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



