A Mariña, 21 de xuño 2021. O servizo de radioloxía no Hospital comarcal da Mariña en Burela leva xa varios anos sufrindo unha serie de déficits que afectan á calidade da sanidade pública mariñá e por suposto aos e ás doentes desta comarca. Isto débese ao feito de que desde hai varios anos hai dúas prazas de radioloxía que seguen sen ser cubertas por diversos motivos.
A isto hai que sumar outros casos como que as colonoscopias que se realizan tras o positivo na proba de cribado para cancro de colon fosen as primeiras que pasasen a derivarse ao HULA, a pesar de que no centro de Burela estean dotadas dúas equipas de endoscopias.
Diminúen os servizos no Hospital da Mariña e e aumentan os desprazamentos a Lugo
Deste xeito, podemos ver un exemplo máis da política sanitaria da Xunta de Galiza consistente en baleirar de servizos os hospitais comarcais, como é o caso do hospital mariñao para centralizar toda a atención nos grandes hospitais das capitais de provincia, neste caso o HULA en Lugo, afastando a sanidade da poboación e provocando uns maiores desprazamentos aos e ás doentes da nosa comarca.
Desgrazadamente este tipo de decisións estendéronse a outro tipo de enfermidades como é a do cancro de mama, xa que a día de hoxe un grande número de mulleres están sendo derivadas ao HULA nos casos no que as mamografías do cribado do cancro de mama resultan dubidosas para que unha vez alí, se lles realicen diversas probas que até hai ben pouco se levaban a cabo con total normalidade no hospital mariñao.
“Este tipo de decisións, ademais do xa comentado afastamento da sanidade aos doentes, traen consigo un maior sufrimento e incertidume a todas esas doentes que precisan saber coa maior das brevidades se teñen algún tipo de patoloxía canceríxena”, afirmou Daniel Castro, que rexistrou hoxe as iniciativas mediante as cales o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego vai propoñer que o Parlamento galego inste á Xunta a manter o proceso completo do cribado do cancro de mama no Hospital da Mariña como se veu facendo até o momento e sen realizar ningún tipo de derivación a outro hospital e vai pedir explicacións tamén sobre as derivacións ao HULA dun proceso que anteriormente se viña realizando con total normalidade no hospital mariñao. “O PP terá que explicar claramente ás mariñás e aos mariñaos cales son as razóns, se é que as hai, destas derivacións ao HULA” concluíu Castro.
























A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



