Santiago de Compostela, 23 de Xuño 2021. Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza, ao contrario, familias e PEMES pagan cada vez máis pola factura da luz e iso pese a soportar os custes ambientais e sociais, porque producir electricidade implica ter o País cheo de encoros, máis de 4.000 aeroxeradores en 106 concellos e, ademais, agora implica un boom eólico depredador que ameaza a supervivencia do rural.
Hai que mudar este marco, e con ese obxectivo, a portavoz nacional, Ana Pontón, demandou ao presidente da Xunta que levante o veto á tarifa eléctrica galega que permitiría abaratar o prezo da luz, unha tarifa diferenciada que teñen moitos países europeos.
“Como Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia, Suíza, Alemaña, Reino Unido, todos con tarifas diferenciadas e con prezos máis baratos nas zonas produtoras porque é de sentido común, porque é máis barato subministrar enerxía alí onde se produce e porque ademais a riqueza do País debe beneficiar a maioría social”, alegou, tras preguntarse porqué se lle nega a Galiza o que é habitual en moitos países europeos.
“Dígollo eu, porque as eléctricas mandan máis que os gobernos e por puro centralismo político do que vostede é cómplice e que fai que a nosa enerxía estea ao servizo de Madrid”, denunciou a portavoz do Bloque.
Pontón tamén criticou que o presidente da Xunta non teña alternativa algunha para abaratar o prezo da luz nunha Galiza que produce electricidade a esgalla.
“A factura da luz sobe ano tras ano, todo indica que xuño marcará un máximo histórico, e isto pasa con gobernos do PP e con Gobernos do PSOE, grazas a ese xogo perverso de portas xiratorias e a un sistema feito á medida das eléctricas, con beneficios multimillonarios”, indicou, citando como exemplos que en 2020 en plena pandemia empresas como ENDESA tivese un beneficio de 1.394 M€ ou os 3.610 M€ de Iberdrola.
E, neste contexto, lamentou que a aportación do xefe do Executivo sexa unha contumaz oposición á tarifa eléctrica galega. “Doce anos impedindo baixarlle a factura da luz as familias e ás empresas, a través dunha medida xusta, social e realizable e todo porque, como declarou neste Parlamento, en Madrid non se entendería. O que non entenden é porqué non poden ter unha factura da luz máis barata nunha Galiza rica en electricidade; que teñamos os montes cheos de muíños e os ríos cheos de encoros sen ningún beneficio e non entenden porqué se nega a que paguen menos pola factura da luz vetando a tarifa eléctrica galega”.
Pontón ironizou sobre o feito de que Feixóo replicase criticando unha medida habitual en Europa e culpabilizando, como xa é habitual nas sesións de control, ao BNG e a portavoz nacional “de todos os males do universo”.
“Leva doce anos de presidente da Xunta, pero cada vez que hai un problema ven a este Parlamento a botarme a min culpa. É consciente de que con esa actitude se pon vostede mesmo en ridículo, é consciente de que con iso o único que fai e declarar a súa incompetencia política para darlle solucións aos problemas dos galegos e as galegas pedíndome a min que lle faga o seu traballo”, replicou.
Déficit democrático
A portavoz do Bloque puxo o acento en que Galiza paga o custes pero non obtén beneficio da súa riqueza eléctrica, da que exporta o 30%, “e cando lle poñemos sobre a mesa unha proposta para mudar esta situación a súa resposta é culpar ao BNG”, todo isto nun marco lexislativo a favor das eléctricas aprobado polo PP e que o PSOE mantén, o que representa “un déficit democrático” no Estado español.
E todo isto mentres as familias pagan a luz cada vez máis cara, un 14,31% dos fogares sofren pobreza enerxética e miles de empregos están en xogo polo custe da enerxía. “Nesta situación a súa resposta é atacar a proposta que permitiría baixar a factura, unha proposta que require de vontade política, a que a vostede lle falta para defendela ante o Goberno do Estado”, concluíu.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



