A Constitución baséase no principio de igualdade de todas as persoas, tamén no acceso á función pública e ao emprego público en xeral. As Administracións Públicas serven con obxectividade os intereses xerais con suxeición total ao Dereito. Velaí que para poder acceder ao emprego público (quer como persoal laboral, quer como funcionario, quer como sanitario estatutario) se requira de procesos selectivos que garantan a publicidade e o acceso das persoas candidatas en condición de igualdade, só atendendo aos requisitos de mérito e capacidade do xeito que se regule pola normativa da convocatoria. Unha normativa que non pode favorecer “a priori” a persoas concretas para que sexan as que accedan aos empregos públicos convocados.
No caso das Autoridades Portuarias esíxese, ademáis, a transparencia, independencia, capacidade técnica, imparcialidade e profesionalidade dos membros dos Tribunais de selección e máis que os contidos dos procesos selectivos sexan axeitados a respecto das funcións e tarefas dos postos a desenvolver nos postos de traballo suxeitos ao proceso de selección correspondente. Deste xeito, cómpre priorizar as oposicións a respecto dos concursos e concursos-oposicións que avalian méritos e entrevistas personais, agás para prazas que requiran coñecementos moi específicos.
Mais a política de selección de persoal da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao vulnera todos estes criterios normativos. Nómeanse case sempre Tribunais compostos polas mesmas persoas da Autoridade Portuaria. Abúsase de concursos e concursos-oposición mesmo para funcións xenéricas. Adoitan fixarse prazos moi breves para a resolución do proceso selectivo, o que ten esixido historicamente o recurso dalgúns candidatos aos Tribunais do contencioso para repor a legalidade. No concurso-oposición para a cobertura dunha praza de técnico económico-financeiro, convocado no 2018, o Xulgado do Contencioso de Ferrol anulou por sentenza de 18.09.2020 a adxudicación da praza a C.CH.L. por non lle ter avaliado o tribunal selectivo catro pontos á recorrente V.G., atribuíndolle a esta persoa a praza.
Mais agora, case un ano despois, convocouse un simple concurso de méritos para a cobertura doutra praza de técnico económico-financeiro (porqué non un concurso-oposición como o do 2018 para unha praza que require coñecementos tan usuais?). Un concurso de méritos que fontes ferrolanas coñecedoras do caso coidan compatíbel de máis co curriculum vitae da persoa candidata escollida no 2018 á que privou da praza a sentenza xudicial.
Cómpre agardar que estas fontes estean trabucadas polo ben do interese público.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



