Cervo, 4 de xullo, 2021. A Fundación ALCOA, a proposta da fábrica de San Cibrao, financiará un curso de especialización en polímeros, dirixido e liderado pola Universidade de Coruña. Desta formación beneficiaranse os alumn@s matriculados no curso 2021-2022 nos ciclos superiores de Química Industrial e Programación en Moldeo de Metais e Polímeros, que se imparten no IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao) e no IES Illa de Sarón (Xove), respectivamente.
Esta formación específica constará de 300 h en réxime semipresencial e desenvolverase paralela á recibida nos módulos do ciclo superior. Impartirase nunha etapa inicial no IES Marqués de Sargadelos co fin de introducir ao alumnado na síntese e produción da materia prima (polímero) desde a súa aplicación económica e social, pero sobre todo desde o punto de vista industrial e ambiental. Esta formación será de 50 h en réxime semipresencial. Polo seu carácter fundamentalmente teórico, a maior parte impartirase na modalidade on- line. As prácticas e talleres (como fabricación de nylon ou bioplásticos) realizarase en modalidade ou réxime presencial.
A porcentaxe maioritaria da formación será a cargo da Universidade de Coruña e a duración desta formación será de 200 h, das cales o 60% será teórica, impartida en modalidade on- line, e o 40% restante consistirá en prácticas, visitas e demostracións realizadas en laboratorios ou talleres achegados pola Universidade. Esta parte da formación será por tanto en réxime presencial. Finalmente, para completar a súa formación, o alumnado poderá comprobar a aplicación dos polímeros estudados, sendo estes a materia prima da maior parte de produtos que están presentes na nosa vida diaria. Recibirá para iso unha formación teórico-práctica de 50 h no IES Illa de Sarón, onde poderán realizar experiencias ou prácticas relacionadas coas técnicas de fibra de vidro e fibra de carbono, tanto en laminación como en infusión por técnica sen carga. A formación será tamén en réxime semipresencial.
O campo industrial da produción dos polímeros constitúe aproximadamente o 50% da produción da industria química en España, polo que representa un importante impulso para o emprego dos estudantes de FP.
Na carreira da innovación, produción e competitividade nos mercados internacionais, o tecido industrial necesita de profesionais moi ben formados e capaces de reaccionar con celeridade ás demandas de produción, polo que o alumno receptor desta formación alcanzará un plus engadido á súa formación regrada nos títulos que se imparten en ambos os institutos. Esta mellor formación traducirase na obtención dun produto ou servizo de maior calidade, o cal achegará ademais un gran beneficio á sociedade actual.
Desde a dirección de ambos os centros educativos informan que o prazo para presentar solicitudes está aberto ata o día 5 de xullo e que é requisito imprescindible para realizar esta formación específica o estar matriculado no curso lectivo 2021-2022 no Ciclo Superior de Química Industrial (San Cibrao) ou no Ciclo Superior de Programación en Moldeo de Metais e Polímeros (Xove). O calendario dos distintos prazos de matrícula (xullo-setembro) para ciclos formativos de FP pódese consultar na páxina da Consellería de Educación ou solicitar directamente información nos institutos de San Cibrao e Xove.
A Fundación Alcoa, co respaldo da Fábrica de San Cibrao, vén colaborando en numerosos proxectos de apoio á comunidade da contorna de San Cibrao, A Mariña e Galicia en xeral. Fundación Alcoa inviste nas comunidades nas que Alcoa está presente, colaborando con organizacións sen ánimo de lucro para abordar as necesidades locais de maneira sostible, contribuíndo ao desenvolvemento de programas para protexer e preservar o medio ambiente e promover o acceso equitativo á educación e as oportunidades de desenvolvemento de habilidades.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



