Mondoñedo, 10 de xullo de 2021. O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentará no próximo pleno da corporación municipal unha proposta de cambios na organización da próxima edición da Feira Medieval, a celebrar en agosto, co fin de adaptala as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19. Unha destas medidas é programar o seu desenvolvemento en dous (ao sumo, tres) espazos e con menor número de actuacións con respecto a edicións anteriores. O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana. Na organización da Feira respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente análise de prevención.
Segundo a citada proposta, a Praza da Catedral, debidamente ambientada para a ocasión, será o escenario das actuacións. A Praza do Seminario estará dedicada á venda de produtos ecolóxicos e artesáns. O goberno municipal baralla unha terceira ubicación para os postos, que estarían nun lateral da Rúa da Fonte; esta cuestión está supeditada o ditame do Plan de Continxencia Externo, elaborado pola empresa de prevencións de riscos do Concello.
En relación coa Praza do Seminario, este ano suprimiranse algunhas disposicións da normativa pola que se rexe o mercado medieval. As disposicións que cambiarán son as que se indican seguidamente.
A adxudicación farase por orde de entrada, dando preferencia á territorialidade, é dicir, municipio, provincia e comunidade autónoma; nesta orde. O pago efectuarase a través da conta de recadación do Concello, sen fianza, cunha declaración xurada e con base na ordenanza fiscal número 13.
Todas as demais disposición recollidas nas normas serán de obrigado cumprimento.
A montaxe dos postos efectuarase o venres, día 13, dende as 15.00 horas ás 19.00 horas.
Segundo a programación previsto tanto o sábado (14 de agosto) como o domingo (15) haberá ao longo de todo o día numerosas actuacións de rúa. Participarán os seguintes grupos de animación e música de rúa: Camiñantes Brancos, Os Diaños, As Árbores, Himnodium, o Gran Dragón, Odaiko y Á Brasa. Tamén haberá circo de rúa con Circadas, Dosequilibrados, Perruseta e Ojaldrino.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



