Ribadeo, 15 de xullo de 2021. O coordinador de Deportes dos populares de Ribadeo, Tito Suárez, pide ao BNG que garanta a seguridade nas inmediacións das pistas polideportivas coa colocación dunha rede protectora. O popular alerta así do risco que supón pasear preto destas instalacións debido á inexistencia de medidas que preserven a integridade dos viandantes que poden recibir, por exemplo, o impacto de balóns.
Tito Suárez visitou as pistas de Ove, nas que, precisamente, se pode comprobar como é necesario a colocación dunha rede. O popular constatou, ademais, cos veciños da localidade que esta é unha demanda reiterada no tempo, xa que, apunta, “as persoas que viven cerca e as que transcorran pola zona poderían facelo máis seguros e tranquilos”.
Para integrantes da formación do PP ribadense este é exemplo máis “do abandono” no que ten o goberno local o municipio. Este mércores, Elena Sierra tamén denunciaba unha situación semellante a área recreativa do mesmo lugar, na que o mobiliario está totalmente roto e a maleza invade practicamente o espazo que abarca.
Por este motivo, dende o Grupo Municipal, que dirixe Daniel Vega, piden aos nacionalistas unha programación específica para acondicionar estes espazos públicos tan empregados polos ribadenses. Ademais, mantelos nesta situación “lamentable”, contribúe, di Suárez, “a dar una imaxe malísima do pobo aos visitantes que recibe Ribadeo nestas datas”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



