Santiago de Compostela, a 21 de xullo de 2021. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), xunto con Greenpeace, FACUA, Transición Verde e Economistas Frente a la Crisis iniciaron os trámites para reclamar diante dos tribunais a débeda pendente de liquidar das empresas eléctricas cos consumidores/as que pode oscilar entre os 1.500 e 2.800 M€, derivada dos Custes de Transición e Competencia (CTC). Este proceso presentouse no día de onte, paradoxalmente na xornada na que o prezo medio da luz no mercado maiorista foi un dos máis altos da historia, unha situación que vai seguir producíndose mentres non mude o actual sistema de mercado, e do que as grandes beneficiadas son as compañías eléctricas.
Gabeiras & Asociados representa a ADEGA no recurso ordinario sobre o Incidente de Execución da Sentenza de 18 de xullo de 2005 da Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional -confirmada por sentenza do Tribunal Supremo de 8 de maio de 2008- en canto ao importe das plusvalías obtidas por Endesa pola venda de Electra de Viesgo a ENEL. Este é o primeiro paso deste procedemento xurídico, no que se pide que se proceda a liquidar os CTC tecnolóxicos das instalacións referidas en dita Sentenza. O exceso de CTC cobrados polas empresas eléctricas desde 1998 ata 2006 pode cifrarse nun importe global que oscila entre os 1.500 e 2.800 millóns de euros. Para determinar a cantidade exacta é necesaria a execución da Sentenza da Audiencia Nacional mencionada.
As organizacións reclaman que este exceso de CTC cobrados polas empresas eléctricas debe ser reintegrado ao sistema eléctrico co destino que determinen as autoridades reguladoras, restituíndo ás persoas consumidoras de forma directa ou indirecta este exceso dos custos pagados.
Unha norma derrogada por obrigar ás eléctricas a devolver os cartos cobrados en exceso
En 1997, o Goberno de Aznar aprobou a Lei do Sector Eléctrico, unha profunda reforma para incorporarse ao mercado europeo, abandonando o Marco Legal Estable e iniciando o camiño da liberalización e da competencia. Ante a posibilidade de que non se puidesen recuperar os investimentos realizados debido ás variacións da retribución con este novo sistema, creáronse os “Custos de Transición á Competencia” (CTC). O novo sistema de mercado fixo que, non só non perderan diñeiro, senón que gañaran máis do previsto e, ademais, cobraran CTC en exceso. Ningún dos distintos gobernos esixiu a devolución destes pagos, e en 2006 derrogouse a norma que obrigada a tal cumprimento. Porén, este dereito non prescribiu e polo tanto é plenamente esixible.
Lamentablemente, de novo, temos que ser a sociedade civil e ás consumidoras as que reclamemos os nosos dereitos fronte os abusos das compañías eléctricas mentres as administracións públicas lles conceden inmunidade e numerosos privilexios que sitúan a cidadanía na total indefensión.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



