Foz, 22 de xullo de 2021. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero xunto ao Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserio participaron esta mañá, diante do centro de saúde de Foz, na concentración convocada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.
Con este nova protesta, dende este colectivo demandan a substitución do persoal en vacacións ou outros permisos para garantir unha asistencia sanitaria de calidade, así como a reposición do segundo técnico de transporte na ambulancia medicalizada e a dotación de matrona no centro de saúde de Foz. No acto tamén participaron a tenente de Alcalde de Barreiros, Mari Carmen Veiga, o concelleiro focense Javier Fraga e a secretaria da agrupación local de Foz, Maria Luisa Piñeira, entre outros compañeiros e simpatizantes.
Otero lembrou que defendeu diversas iniciativas na Cámara Autonómica coas que reclamou melloras para a sanidade pública da Mariña Lucense. Concretamente foron “a reposición do servizo de radioloxía, as baixas da do Servizo de Cardioloxía do Hospital da Mariña ou a que se repoña o servizo de medicina e enfermería do centro de saúde de Burela”, explicou.
A Deputada Socialista demandou “o fortalecemento da atención primaria que esta completamente desbordada pola falla de persoal, e temos que denunciar que tampouco se están cubrindo as vacacións como podemos comprobar diariamente nos nosos centros de saúde, e hoxe aquí en Foz”, insistiu.
Situación en Foz
Pola súa banda o Alcalde de Foz, Francisco Cajto remarcou que xa denunciou publicamente a desfeita sanitaria do centro de saúde do Concello. “Diante desta mesma porta criticamos os recortes dos sanitarios na época estival, que se agravan cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa. Ademais o reforzo habitual dun médico para desprazados é claramente insuficiente, tendo en conta que non se cobren as baixas por vacacións do persoal. E sen esquecer, a supresión dun dos técnicos de emerxencias da ambulancia medicalizada con base en Foz”.
Aludiu ademais “as queixas que escoltamos estes dias para dotar unha matrona a noso centro de saúde. Queremos unha sanidade pública e de calidade, non queremos parches e titulares do PP. A sanidade ten quer ser unha prioridade para calquera goberno, máxime nunha situación como a que estamos a vivir e loitaramos por ela sen descanso”, resumiu.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



