Burela, 22 de xullo, 2021. A RFEF tamén deu a coñecer hoxe o calendario de Primeira RFEF Feminina 21-22. As Guerreiras arrincarán a liga 21 días antes que o conxunto laranxa masculino; a saída será o 18 de setembro na casa coa visita de Melilla Sport Capital Torreblanca a Vista Alegre. Se o inicio se prevé emocionante, ante a revelación da tempada pasada, o broche aínda o será máis, co Clásico fronte a Futsi Atlético Navalcarnero na xornada 30, o 11 de xuño na Mariña.
O primeiro desprazamento, o 25 de setembro, xa terá protagonismo de duelo irmandiño, no feudo do Poio Pescamar FSF. O Pescados Rubén poderá gozar de dous derbis irmandiños na Bomboneira na primeira volta, con Ourense Envialia xa na xornada 3, o 2 de outubro, e co novel Marín Futsal, o 4 de decembro, na 10. Superado o ecuador da competición, coa viaxe a La Estación ante Futsi, o 29 de xaneiro, A Mariña tan só poderá vibrar coa rivalidade da terra na xornada 17, ante as poienses o 12 de febreiro.
A despedida de 2021 tamén se gozará en Vista Alegre, con STV Roldán o 18 de decembro. A benvida de liga ao aninovo será o 15 de xaneiro, coa xornada 13, na pista de Universidad de Alicante.
Copa da Raíña e Supercopa de España
O inicio da Copa da Raíña está fixado para o 8 de decembro, mentres que a fase final terá lugar os días 22, 23 e 24 de maio. A Supercopa de España, pola súa banda, queda reservada para a última fin de semana de febreiro (26 e 27).






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


