Ribadeo, 23 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo aprobará, no pleno ordinario do vindeiro 28 de xullo, os festivos locais para 2022, que serán o 16 de agosto e o 8 de setembro. Ademais nesta sesión preséntase a aprobación un suplemento de crédito para adquirir un novo vehículo para a Policía Local e para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario con Acisa. O equipo de goberno tamén leva a este pleno a proposta de retirarlle a Francisco Franco o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo, dado pola Corporación no ano 1939.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que “neste pleno ordinario de xullo, que imos celebrar a semana que ven, contemplamos varios asuntos. O primeiro deles é a declaración dos festivos locais para o ano 2022 que, como sempre, se establecen para o día de San Roque, o 16 de agosto, e para o día 8 de setembro, que é o día da patroa. Ademais, outro punto que imos levar, é un suplemento de crédito para habilitar fondos para un novo vehículo para a Policía Local, pois o todoterreo do que dispoñían non deu máis de si e xa tivo que ser enviado ao desgüace. Este suplemento de crédito queremos utilizalo tamén para habilitar os recursos necesarios para un novo convenio extraordinario coa asociación de comerciantes de Ribadeo para a promoción de accións relativas a potenciar á imaxe de Ribadeo como un lugar de encontro e de compras, como un lugar atractivo para vivir, para estar, etc…”.
O rexedor sinalou que “hai tamén unha proposta para a modificación do plan estratéxico de subvencións, concretamente no aspecto deportivo, pois houbo uns excedentes que non foron entregados a varias asociacións deportivas ben porque non xustificaron a subvención concedida nun caso totalmente e noutros parcialmente, polo que ese diñeiro sobrante queremos complementárllelo a aquelas outras que neste ano si fixeron máis actividades das que inicialmente tiñan comprometidas”.
Suárez Barcia engadiu que “tamén queremos levar a pleno unha proposta de retirarlle ao ditador Francisco Franco Bahamonde o recoñecemento de alcalde honorario de Ribadeo dado pola corporación no ano 1939. Logo da recente publicación dun libro, nestas últimas semanas, de sucesos en varios concellos da Mariña, desde o punto de vista histórico, tivemos coñecemento a través desta publicación de que as actas do Concello recollían este acordo e efectivamente así o comprobamos. De aí que, en aplicación da vixente lei 52/2007 de memoria histórica, que di que as administracións públicas tomarán as medidas oportunas para a retirada, entre outras cousas, de mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar, da guerra civil e da represión da ditadura. Evidentemente, o nomeamento de alcalde honorífico é unha exaltación á figura do ditador que compre ser retirada”.
O pleno ordinario dará comezo ás 20:00 horas do vindeiro mércores, 28 de xullo.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



