Viveiro, 2 de agosto, 2021. Aos poucos vemos a luz ao final do túnel, e este verán, a pesar da situación na que vivimos, demostrouse que a cultura é segura con centos de concertos celebrados por todo o país e sen incidencias. Por iso, grazas ao Xacobeo 2021-22, á Deputación de Lugo e ao Concello de Viveiro, traeremos os primeiros artistas internacionais do metal a España tras a pandemia.
En colaboración coas autoridades, decidimos organizar un pequeno Resurrection Fest Estrela Galicia este verán chamado Limited e de aforo moi reducido (en comparación ao que estamos habituadxs) para que podamos vivir de novo concertos dunha maneira segura tras estes anos de seca. Así, este evento servirá como estímulo para a economía local que tanto sufriron durante todos estes últimos meses, sendo un reforzo moi necesario para a nosa localidade, Viveiro, e a súa xente, que tanto nos dá cada ano, e tamén para todo o persoal, autónomos e outras pequenas e medianas empresas que fan posible o festival.
Serán tres días de concertos, do 26 ao 28 de agosto, no recinto de sempre, o Campo de fútbol de Celeiro. Baixo o abanico do Xacobeo 2021-22, contará con todas as medidas de seguridade e prevención posibles seguindo a lexislación vixente actual e sempre atendendo á situación epidemiolóxica na que nos atopemos nese momento. Esas medidas serán público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras, desinfección e, por suposto, co aliciente do bo facer do noso público, sempre respectuoso en todo momento.
Teremos grandes artistas internacionais de diferentes estilos e que nos pedides moito cada ano, e ademais, bandas nacionais e galegas moi queridas que non dubidaron en vir a Viveiro unha vez máis. Aquí a listaxe:
Kreator
While She Sleeps (único concierto en España)
Eluveitie
Jinjer
Destruction
The Ocean
Angelus Apatrida
Crisix
No Turning Back
Landmvrks
Bala
Devil In Me
Aphonnic
True Mountains
Bellako
Os abonos de 3 días poderán comprarse este venres 6 de agosto a un prezo especial de oferta que indicaremos nos próximos días e iremos respondendo a todas as vosas dúbidas tanto na nosa web como nas redes sociais.
Á súa vez, para quen non poida asistir e tras o éxito da anterior edición, realizaremos un Resurrection Fest En liña en datas futuras ao festival do cal informaremos máis adiante. Dese xeito, tanto os asistentes como os non asistentes poderán gozar do mesmo.
Gustaríanos reiterar as grazas ao Concello de Viveiro e aos veciños de Viveiro por facer isto posible, e mentres, lembrade que isto será un evento exclusivo para moi pouca xente. Marcade estes tres días fortemente na axenda e demostremos que a música en directo pódese facer e que é segura. Vémonos alí!
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



