Barreiros, 12 de agosto de 2021. Os 16 alumnos e alumnas que participan no obradoiro de emprego Vencellos da Memoria están a traballar na organización e dixitalización dos fondos documentais dos concellos de Ribadeo e Barreiros. Durante unha visita a este último -acompañado pola alcaldesa, Ana Ermida, entre outros-, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, tivo a oportunidade de coñecer algúns dos proxectos levados a cabo nos últimos meses.
Arias sinalou a importancia de “garantir a conservación do patrimonio documental que recolle a intrahistoria do municipio, e facilitar o acceso dos veciños e veciñas aos documentos administrativos de maior consulta”.
A Consellería de Emprego e Igualdade inviste 369.500 euros nesta iniciativa, que entra na súa recta final xa que está previsto que remate no mes de setembro. Neste sentido, Arias lembrou que terá continuidade nun novo obradoiro de características similares -denominado Territorio Vivo-, que tamén compartirán ambos concellos, con idéntico orzamento da Xunta e igualmente dirixido a menores de 30 anos, co obxectivo de xerar novas oportunidades laborais para outros 16 mozos e mozas. Neste caso, xunto coa especialidade de Grabación e tratamento de datos, impartirase a de Interpretación e educación medioambiental.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



