Mondoñedo, 13 de agosto de 2021. O Concello de Mondoñedo e a Asociación de profesores de automoción de Galicia (Apaga) poñen en valor a figura do mindoniense José Barro González, creador das industrias Barro Chavín en 1896.
A súa documentación técnica verá a luz grazas a un convenio de colaboración entre a empresa Hidrofersa de Chavín e a asociación Apaga. E será nun espazo que cede o Concello de Mondoñedo para a creación dun centro de interpretación da súa obra. Así, a través dos centos de traballos técnicos feitos nas instalacións de Barro Chavín, José Barro volve de forma simbólica ao seu lugar de orixe, onde pasaba todas as fins de semana xunto ao seu irmán Antonio que tiña unha fábrica de refrescos no lugar da Casa Blanca, en Viloalle, e onde quería ser soterrado.
Este centro de interpretación nace coa vontade de sumar colaboracións de distintas entidades e persoas que poidan aportar máis documentación ou materiais para ampliar este patrimonio sobre a industrialización de Galicia.
A documentación recolle a súa biografía e os seus traballos desde 1896 ata 1943 e o proceso de internacionalización da súa industria.
Emprendemento
José Barro era un home de familia humilde, sen recursos, que suplía a falta de formación coa súa intelixencia. Este mindoniense emprendedor creou a súa propia empresa que chegou a alcanzar os 300 empregados, a súa propia escola de aprendices e logrou establecer relacións con franceses, alemáns e ingleses ata chegar a ter unha delegación para vender os seus coches na Habana.
Os promotores deste proxecto afirman que “este mindoniense se converteu nun entusiasta pioneiro do automobilismo. A súa vida e o seu traballo son dignos de estudo”, subliñan. Así mesmo, destacan que foi “un gran traballador e emprendedor” polo que o poñen como exemplo a seguir tamén na actualidade.
De feito, o alcalde, Manuel Otero, explicou que “queremos ensinar ao mundo que Mondoñedo non só aportou persoeiros brillantes do mundo da cultura coma escritores ou músicos; senón que tamén ten historias moi destacadas nun eido no que hoxe é tan imprescindible: o emprendemento”.
Promoción do galego
Este proxecto desenvolverase en galego en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito tecnolóxico, entre a xente moza, os estudantes de automoción, os investigadores interesados na historia de Mondoñedo, etc.
José Barro González
José Barro González naceu en Viloalle, no lugar coñecido como Casa Blanca, o 13 de febreiro de 1873, nunha familia humilde dedicada ao gando e aos cultivos. Formouse no comercio elemental e no coidado das árbores, aínda que o que lle atraía era a mecánica. Pasou unha temporada co seu irmán no taller de reloxos dun tío seu en Ferrol aprendendo moito de técnica de precisión.
Xunto ao seu cuñado, Ángel Durán, formou unha sociedade denominada Barro y Cia para adquirir as antigas instalacións da Basols y Compañía en Chavín. A súa actividade empresarial pasou pola instalación dos primeiros alumeados eléctricos en Viveiro e o servizo de liñas regulares de automóbiles entre Ribadeo e Ferrol por Viveiro e Ortigueira substituíndo ás carruaxes tiradas por cabalos. Fundou a empresa Automóviles del Noroeste que, posteriormente se fusionou con La Carrilana, de Baamonde, para pasar a denominarse La Ferrocarrilana.
Posteriormente, José Barro consegue a concesión da representación da empresa francesa Torrilhon y De Dion-Bouton para Galicia, Asturias e León. Disposto a fabricar automóbiles cando só o facían en España na fábrica barcelonesa de La Hispano-Suiza, comeza a montaxe dos Dion-Bouton con pezas enviadas dende Francia e outras do seu taller Fábrica de Chavín.
Tamén abriu un taller para carrozado, con carpintería, tapicería e sala de pintura onde era ben recibido calquera cliente. José Barro logrou, así mesmo, a concesión do Concello de Ourol para construír unha nova central en Xerdiz. E outro espectacular logro seu foi a concesión para crear solo edificable cun recheo na rúa de Viveiro, deseñando e patentando unha grúa para este traballo.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



