Burela, 18 de agosto de 2021. A Corporación Municipal de Burela celebrará pleno extraordinario o vindeiro venres, 20 de agosto. Será a primeira sesión presencial desde marzo do ano pasado. No pleno someterase a aprobación unha modificación de crédito de 2,6 millóns de euros que se destinarán á realización de melloras en varias rúas, áreas recreativas e instalacións deportivas, ao aforro enerxético e a outras moitas actuacións que se acometerán no que resta deste ano e no 2022. Esa partida de 2,6 millóns de euros procede do remanente de tesourería de 5 millóns de euros do Concello de Burela. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que isto é unha consecuencia da boa xestión económica realizada polo equipo de goberno.
O rexedor contou que “o próximo venres faremos un pleno extraordinario, que será o primeiro de forma presencial desde marzo de 2020. Vamos intentar aprobar unha cuestión moi importante referida aos orzamentos deste ano. O Concello de Burela ten un remanente de tesourería de 5 millóns de euros aproximadamente, incluso se chegou a ter máis pero estaba moi condicionado pola normativa gobernamental e polo tanto era moi difícil poder investilo. Agora, desde o ano pasado, a través dun acordo de goberno permítese aos concellos que teñen remanente poder empregalo naquelas cuestións que consideren oportunas este ano e posiblemente tamén para o que vén”.
Llano explicou que “como temos o remanente de 5 millóns, se é aprobado no pleno do venres imos destinar a unha modificación orzamentaria 2,6 millóns de euros. Facémolo pola oportunidade que temos de investilos e ademais agora mesmo os cartos nos bancos non fan nada ben ao Concello porque non dan beneficio practicamente. Entón hai que facer investimentos, para o que temos moitos proxectos pensados xa desde hai moito tempo, que agora imos concretar grazas a esta modificación”.
O rexedor subliñou que “as actuacións que se van levar a cabo son integrais, transversais e para todo o concello. Abarcan temas de melloras en rúas e beirarrúas, aforro enerxético, instalacións deportivas, merca de solo dotacional, arranxos en áreas recreativas, edificios públicos, parques, xardíns e prazas, … Todo aquilo que sexa beneficioso para o conxunto da poboación e do concello. Hai moitas actuacións, que se van tratar de acometer algunhas xa este ano e outras quedarán para o 2022, pero queremos ter estes cartos xa convenientemente perfilados para poder beneficiar ao conxunto da poboación de Burela da mellor maneira posible”.
Para Alfredo Llano “é unha boa medida, que é posible porque fixemos unha boa xestión económica durante estes anos, de tal xeito que pagamos todo o que se debía e ademais puidemos aforrar. E agora temos a oportunidade de poder empregalo para que o desfruten todos os veciños e veciñas de Burela. Ademais estas melloras integrais para todo o concello van crear moito emprego porque para todas as actuacións que vamos facer necesítanse traballadores. Por tanto penso que vai ser unha boa medida incluso para atraer moito emprego aquí. E estas actuacións unha vez rematadas van deixar a Burela nun plano atractivo para toda a xente que nos visite e desde logo para todos os que vivimos aquí”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



