Foz, 20 de agosto de 2021. O goberno municipal de Foz dedica moitos esforzo a verbalizar o seu interese polas cuestións medioambientais, pero, á hora da verdade, a palabrería queda moi lonxe dos feitos. Así o puxo de manifesto en numerosas ocasións o grupo municipal do PP. Nesta ocasión, o portavoz popular, Javier Castiñeira, faise eco das queixas dos veciños de San Martiño polo mal estado da área recreativa de O Carme. Os populares destacan que este espazo é moi visitado, especialmente no verán, xa que conta con merendeiros.
Castiñeira explica que nos merendeiros hai moitas pezas rotas e abunda a maleza porque “está sen rozar como non se recorda”. O portavoz popular sinala: “A verdade é que os veciños están enfadados e con moitísima razón; é penoso ver o estado no que se atopa esta área recreativa, que é moi importante para Foz e para esta parroquia”.
Castiñeira non se sorprende do estado no que está este espazo de O Carme, porque “é consecuencia da dinámica que vén mantendo o equipo de goberno municipal nestes dous anos que leva á fronte do Concello”. Lembra que os populares xa denunciaron durante todo o verán o abandono das zonas verdes, como no Caso de Bispo Santo e A Frouxeira. Para os populares está claro que no Concello de Foz “non existe política de turismo nin de protección do medio rural; as parroquias están abandonadas e por iso hai moitas queixas dos veciños, entre outras cousas, porque as beiras de moitas das estradas están sen rozar”.
Castiñeira engade: “Non hai máis que ver o núcleo urbano, sen limpar; é froito da inacción do equipo de goberno, dun bipartito totalmente inútil para o pobo de Foz, que é incapaz de aprobar un plan de emprego, como lle propuxo o PP, para evitar todos estes problemas que hai agora, especialmente nas áreas recreativas, como ocorre na do Carme de San Martiño”.
Os populares piden ao equipo de goberno do Concello que, “canto antes, dea as instrucións oportunas para que se proceda a rozar a maleza no Carme e a reparar as deficiencias que alí hai, incluídas as fugas de auga”. Piden aos responsables municipais que “atendan ás áreas recreativas e cambien de actitude, porque o pobo está cheo e tanto os turistas como os nosos veciños queren desfrutar destes espazos”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



