Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021. A Federación de Servizos de CCOO de Galicia rexeita o expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado polo Banco Sabadell. Malia que a entidade non comunicou polo momento o alcance desta regulación de emprego, o sindicato avanza que «non llo poremos fácil» e manterá unha «firme defensa do emprego», como nas outras reestruturacións que xa houbo no sector nos últimos meses.
Actualmente, o Banco Sabadell emprega en Galicia a 428 persoas que traballan en 98 oficinas. Porén, antes de se anunciar o ERE xa estaba previsto o peche de 31 destes centros de traballo, co que esta regulación de emprego «podería implicar a fin de máis oficinas e agravar a carencia de servizos financeiros en numerosos concellos galegos».
Sen xustificación
Para CCOO-Servizos, non concorren causas que xustifiquen o despedimento colectivo. De feito, no que vai de ano, malia o axuste de 1800 empregos no primeiro trimestre do ano —40 deles en Galicia— entre prexubilacións e saídas voluntarias, no que vai de 2021 xa fixo máis de 200 novas contratacións en todo o Estado, «sinal de que non sobra ninguén».
O sindicato explica que tampouco hai causas económicas que o xustifiquen, porque o Sabadell pecheou o primeiro semestre do ano cun beneficio netro atribuído de 220 millóns de euros —un 51,5 % de incremento interanual— e prevé pagar un dividendo do 30 % do beneficio.
Tampouco hai razóns técnicas ou produtivas, posto que que non houbo cambios nin nos medios nin nos instrumentos de produción —que son financeiros e non sofren obsolescencia—, nin variou tampouco a demanda dos produtos e servizos financeiros. De feito, debido á pandemia hai máis demanda de refinanciamentos, avais do ICO e doutros organismos públicos, e proximamente os bancos serán os canalizadores dos fondos europeos Next Generation, o que incrementará a carga de traballo.
Finalmente, CCOO sinala que non hai causas organizativas que se poidan aducir para este despedimento colectivo, pois os posibles cambios de sistemas ou métodos de traballo non son alleos á entidade, «senón forzados por ela». Neste punto, a única razón organizativa podería ser a dixitalización, «pero nin sequera os clientes están tan familiarizados coa contorna dixital como se quere dar a entender e como proba a afluencia ás oficinas», puntualiza o sindicato.
Por todo iso, CCOO rexeitará calquera medida traumática en materia de emprego, polo que calquera saída deberá ser voluntaria ou mediante prexubilacións anticipadas e xubilacións —no Banco Sabadell hai uns dous mil traballadores e traballadoras maiores de 55 anos—, na liña do asinado o pasado mes de decembro.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



