Burela, 11 de setembro, 2021. Desde este mes de setembro, Burela invita a facer una viaxe no tempo visitando no porto o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns, coñecido como “A Moncloa”. Esta é unha actividade que organiza a Fundación Expomar e na que colaboran as delegacións do Mar e Turismo do Concello de Burela, a Cronista Oficial do Concello de Burela, Herminia Pernas, e a propia Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns «A Moncloa».
As visitas terán lugar os xoves e venres de catro a seis da tarde e os sábados e domingos de dez a doce da mañá. O público ao que van dirixidas non é só aos turistas que visitan a vila, senón tamén aos propios veciños de Burela, para animalos a achegarse e coñecer de primeira man os cimentos do “Orgullo Mariñeiro” do seu pobo.
A bordo dos recordos dos vellos mariñeiros poderanse coñecer as anécdotas e historias que forman o patrimonio cultural de Burela e de paso admirar a grande exposición de fotografías, maquinaria e artes de pesca que gardan no interior desta “Moncloa”.
A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” fundouse no ano 2008 para cubrir a necesidade de manter o vínculo coa que fora a súa vida no mar e cos seus compañeiros de logros e sacrificios, poñendo en valor o seu duro oficio, porque “quen foi mariñeiro non deixa nunca de selo”.
Á presentación destas visitas, que tivo lugar na propia sede social da asociación, na entrada do porto e fronte á Oficina de Turismo de Burela, asistiron os propios membros da “Moncloa”, ademais de representantes da Fundación Expomar e o Concello de Burela.
Alfredo Llano, alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar: “Ademais de dar a coñecer a nosa historia e recuperar o noso patrimonio cultural, con esta actividade queremos facer un recoñecemento ás xentes do mar: gracias ó seu labor Burela é hoxe un referente económico en toda a provincia”.
José M. González ‘Brais’, xerente da Fundación Expomar, inclúe esta iniciativa dentro do seu obxectivo de promocionar o sector náutico pesqueiro local: “Que mellor maneira de facelo que honrando aos seus verdadeiros protagonistas! A xente que fixo posible que Burela e o seu porto sexan hoxe un referente no mundo da pesca”.
Carmela López, concelleira de Mar do Concello de Burela: “Os mariñeiros da “Moncloa” son hoxe a segunda Oficina de Turismo de Burela, e gracias a eles e á súa memoria non esquecemos o noso pasado mariñeiro”.
Ramiro Fernández, concelleiro de Turismo do Concello de Burela, celebra a posta en marcha desta nova acción: “Esta é unha actividade que axuda a complementar o traballo feito co Barco Museo, que este ano bateu record de visitas e xa é un referente turístico non só de Burela, senón de toda a comarca”.
Herminia Pernas, cronista oficial do Concello de Burela e secretaria da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa: “Esta actividade dalle continuidade ao traballo que a asociación xa viña facendo, e coa que se quere destacar aínda máis que Burela, ademais de ser “bonita”, nunca perda a súa esencia e orgullo mariñeiro”.
Ao finalizar a presentación tamén se proxectou un vídeo realizado por Arracada Produccións con intervencións de antigos mariñeiros xa falecidos de Burela e que falaban sobre a historia da pesca, do porto e das xentes do mar da vila… un aperitivo do que estas visitas á “Moncloa” poden ofrecer aos visitantes.
VER VÍDEO: https://youtu.be/KmsnoT3-Foc






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



