Alfoz, 13 de setembro, 2021. Jorge Val, Alcalde de Alfoz acompañado do resto da Corporación Municipal, entregoulles aos productores de mel “Ouro Puro” Iván e César Marrube e de “O poder das flores” Javier e Francisco Carreiras, sendas figuras do Castelo de Castro de Ouro, símbolo do Concello de Alfoz, en agradecemento pola súa labor na promoción do municipio a través dos recentes éxitos acadados que sitúan os seus meles entre as mellores do mundo.
Os irmáns Javier e Francisco Carreiras, produtores do mel “O Poder das Flores”, recibiron o máximo galardón a nivel galego, na categoría de mel multifloral, na XIX Cata dos meles da Consellería de Medio Rural e Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. O mesmo premio en mel monofloral foi para Iván e César Marrube con “Ouro Puro”. Ademais, recentemente ambas marcas acadaron tamén un primeira posición nos Premios London Honey Awards, que son os máis importantes a nivel mundial e se caracterizan polos altos estándares de calidade dos productos premiados.
O Concello de Alfoz ten unha fonda tradición apícola e é unha zona privilexiada para a súa producción. Partindo dunha boa materia prima, Iván, César, Fran e Javier coidan das colmenas, a manipulación e extracción do mel con esmero, cariño e dedicación, así como respectando ao máximo o ciclo natural e o resultado é sen dúbida espectacular. O seu éxito pon a Alfoz no mapa mundial do mel da máxima calidade. Converténdoos en embaixadores do municipio que ponen en valor promocionando en cada ocasión os seus recursos naturais que permiten unha floración variada e constante ao longo do ano, así como un ecosistema sen contaminación que sumado ao traballo de Iván e César Marrube de “Ouro Puro” e Javier e Francisco Carreiras de “O poder das flores” dan como resultado este mel excepcional.
Son ademais un claro exemplo a seguir, abrindo paso para outros emprendedores na producción de mel que, sen dúbida é unha oportunidade tamén de negocio e de potenciar as posibilidades do rural, sobre todo hoxe en día onde a tecnoloxía permite ampliar o mercado sen límites.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



