A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade apoia a manifestación convocada para o vindeiro día 26 pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Mariña e alerta das consecuencias ás que pode conducir a actual política sanitaria a nivel comarcal, fomentando comportamentos discriminatorios de xénero
Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade apoia a manifestación convocada para o vindeiro día 26 pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Mariña
A asociación feminista alerta das consecuencias ás que pode conducir a actual política sanitaria a nivel comarcal, fomentando comportamentos discriminatorios de xénero
O Observatorio da Mariña pola Igualdade apoia a manifestación convocada para o vindeiro sábado 26 de xuño en Burela pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública na Mariña, colectivo do que forma parte. A adhesión do Observatorio a esta plataforma vén motivada polos efectos negativos da actual política sanitaria da Consellería de Sanidade, que non só non permite mellorar a calidade da atención, senón que podería levar a unha redución considerábel da actual carteira de servizos. As consecuencias negativas desta política afectan potencialmente a toda a poboación mariñá, pero ademais repercuten de xeito específico sobre as mulleres, en última instancia fomentando comportamentos discriminatorios con elas.
En primeiro lugar, se ben a redución de servizos médicos inevitabelmente implicará o desprazamento obrigatorio a outros centros de moitas persoas enfermas (homes e mulleres indistintamente), a función de acompañante do/a enfermo/a que case sempre desempeñan as mulleres convérteas en seres máis vulnerábeis. A este respecto, cómpre lembrar que as mulleres son aínda quen maioritariamente se encargan do coidado das persoas maiores, das crianzas e das persoas dependentes, e por tanto en moitas ocasións as mulleres terán que desprazarse a outros centros non só como pacientes, senón tamén como acompañantes.
Así mesmo, o recorte orzamentario experimentado pola sanidade pública provoca que a día de hoxe as mulleres da Mariña non teñan posibilidade de accederen a un parto natural, a menos que saian fóra da comarca. A situación tocante á interrupción voluntaria do embarazo é semellante, malia tratarse dun dereito das mulleres garantido pola lei.
Por último, outro indicador do deterioro que está a sufrir a sanidade pública na Mariña é a proliferación de centros médicos privados nas principais vilas desta comarca. A carestía do servizo privado non fai máis que aumentar a desigualdade na poboación en xeral, facendo que só aquelas persoas con recursos económicos poidan acceder a servizos que lles deberían ser proporcionados na sanidade pública. A situación afecta de forma especialmente grave ás mulleres, xa que polas particularidades da súa saúde (os estudos demostran que padecen máis patoloxías crónicas ca os homes) adoitan ter que acudir con maior frecuencia a estes servizos de saúde.
Por todo o anterior, o Observatorio da Mariña pola Igualdade estará presente na manifestación convocada pola Plataforma Cidadá pola Defensa da Sanidade Pública, e anima a toda a poboación a apoiar esta medida reivindicativa para esixir unha sanidade pública de calidade que ademais garanta o principio da igualdade.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



