CERVO .- O Concello de Cervo abre o prazo para acceder ás axudas municipais para a compra de material escolar dos alumnos de segundo ciclo de educación infantil para o vindeiro curso.
Nota de Prensa
As axudas dependerán das rendas das familias solicitantes e oscilarán entre 100 e 130 euros
O XOVES, DÍA 1, ÁBRESE O PRAZO PARA ACCEDER ÁS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR DOS ALUMNOS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O VINDEIRO CURSO
* Os beneficiarios terán un mes de prazo para formalizar as súas solicitudes
* A novidade desta convocatoria é o adianto no calendario da publicación das axudas có obxecto de axilizar o pago ás familias
Cervo, 23 de xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou que o vindeiro xoves, 1 de xullo, abrirase o prazo para formalizar as solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar destinada aos alumnos do segundo ciclo de Educación Infantil do concello para o vindeiro curso 2010-2011.
Segundo indicou Villares, este é o segundo ano que o grupo de Goberno decide convocar estas axudas “as únicas deste tipo dadas nun concello da Mariña” asegurou. A convocatoria foi publicada o pasado día 17 no Boletín Oficial da Provincia e as familias que se axusten aos requisitos teñen de prazo para formalizar as súas solicitudes ata o vindeiro día 31 de xullo.
O alcalde salientou coma novidade desta convocatoria o adianto no calendario da publicación destas axudas “có obxecto de axilizar o pago das axudas ás familias o máximo posible” indicou. Para cubrir as peticións que se podan recibir o Concello ten consignado un orzamento inicial de 4.000 euros procedentes das arcas municipais. Segundo Villares, a base desta liña de axudas é facer efectivo “o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación” mediante a compensación económica a aquelas familias que polas súas condicións socioeconómicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da adquisición de libros e de material escolar.
Así pois, as axudas poderán ser solicitadas por aquelas unidades familiares empadroadas no municipio que teñan fillos de tres a cinco anos (segundo ciclo de Educación Infantil) e que non superen o 150% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) per cápita. A súa contía será de 130 euros para as rendas das familias cuns ingresos per cápita iguales ou inferiores ao IPREM e de 100 euros para aquelas familias que non superen o 150% do IPREM nos seus ingresos per cápita.
Para formalizar as solicitudes os beneficiarios terán que proporcionar a fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, a fotocopia do Libro de Familia, a declaración da Renda 2010 de todos os membros computables da familia e a factura de compra ou presuposto dos libros e material escolar dalgún establecemento comercial do municipio.
A alcalde cervense confiou en que esta iniciativa sexa ben acollida entre a comunidade escolar, “xa que a aposta pola educación é unha das bases fundamentais da sociedade”.
A este respecto lembrou que na pasada convocatoria destas axudas o Concello investiu máis de 3.000 euros en subvencións para un total de 42 alumnos e incidiu en que esta é so unha das moitas iniciativas artelladas polo Concello de Cervo en materia educativa. “Anualmente o Concello destina máis de 61.000 euros neste eido, e tendo en conta que somos un concello pequeno, con apenas 400 alumnos matriculados en ensinanzas non universitarias, estou convencido de que Cervo é o Concello da Mariña que máis recursos económicos propios destina porcentualemente para este fin porque creemos que a educación debe ser o motor principal do futuro do noso municipio” asegurou.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



