A suba xeralizada a nível do Estado do prezo da electricidade, por mor da nova tarifa no mercado regulado dende o 1 de xuño deste ano, o feito de producirmos na Galicia un 31% de enerxía superavitaria (descontando xa a queda enerxética das térmicas de Meirama-Cerceda (Naturgy) e As Pontes (Endesa), que exportamos ao resto do sistema estatal sen nos aproveitar de beneficio ningún e maila enxurrada de proxectos eólicos que non compensan nin ao País, nin aos propietarios nin ás comunidades locais polos seus custos ambientais, paisaxísticos e económicos (a produción eólica degrada e ás veces imposibilita a produción agrogandeira na súa área de proximidade) xeraron na Galicia a respecto da electricidade a treboada perfecta.
Velaí que cumpra entender o veto do martes 14-S do PPdeG e do PSdeG á proposta do BNG no Parlamento de Galicia para unha tarifa eléctrica galega que posibilite rebaixar a luz ás nosas persoas consumidoras e empresas (resolvendo o problema gravísimo das nosas industrias electrointensivas) como proba dunha servidume absoluta aos intereses dos aparellos centrais de ambos os dous polos do bipartidismo unionista-dinástico, sinalados polas portas xiratorias de ducias de ex presidentes e ministros do Goberno do Estado que accederon a importantes cargos de administración, xestión ou consultoría das empresas do oligopolio eléctrico. Moito máis chocante se ollamos aos Presidentes castelán-leonés Alfonso F. Mañueco (PP) e aragonés Javier Lambán (PSOE) propor unha tarifa eléctrica que rebaixara a conta da luz para cadansúas rexións como territorios produtores. U-la dignidade política e o patriotismo de Alberto Núñez Feijóo e Gonzalo Caballero?
Mais con ser fulcral para o noso País rematar con esta usurpación económica (facernos producir enerxía asumindo graves custos ambientais e económicos e consumila ao mesmo prezo ca os territorios consumidores como Madrid), son esenciais tamén mecanismos fundamentais de reforma do mercado eléctrico, como o control dos prezos das enerxías hidroeléctrica ou nuclear, crear un operador eléctrico público galego ou (como adoita afirmar o presidente de ACOUGA, Manuel Pérez Arias) potenciar a xeración aló onde se consume, para ir reducindo o custo da rede do transporte eléctrico, o input non fiscal máis importante.
As medidas fiscais (rebaixa do 5,1% ao 0,5% do imposto sobre a electricidade, do 21% ao 10% do IVE e a suspensión do imposto de xeración eléctrica) do Goberno do Estado non son abondas. Precisamos dunha reforma global que remate coa pobreza enerxética e permita que Galicia poida desfrutar dunha electricidade máis barata para as nosas familias e empresas.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



