A Mariña, 20 de setembro de 2021. O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, considera que cando se están multiplicando os proxectos de parques eólicos é un disparate parar liñas de produción de aeroxeradores, en referencia á crise da fábrica de Vestas en Viveiro.
Fran Cajoto alerta do perigo da deslocalización da industria e da mala praxe dos Fondos de Inversión e manifesta: “o noso pensamento está en Viveiro porque está é outra estacada ao noso corazón industrial e van demasiadas. O meu recoñecemento para o goberno local de Viveiro e para a súa alcaldesa, que no pasado e no presente son os que máis están a loitar para manter a produción da fábrica de Vestas e garantir dese xeito 115 postos de traballo que están na corda frouxa”.
O presidente da Mancomunidade engade: “agora hai unha multiplicación de proxectos eólicos, precisamente en Foz estamos a redactar as alegacións ao parque Borrasca, promovido pola industrial Greenalia, pola proximidade a vivendas. Neste contexto de expansión do vento resulta un completo disparate parar liñas de produción de aeroxeradores. Sen capital humano non hai empresa posible nin viable. Parece o mesmo xeito de actuar que no caso de Alcoa: plantas viables que se desbotan por un rédito económico maior e que se queren eliminar para posibles competidores”.
Para rematar Cajoto sinala: “estamos con Viveiro para esixir un cambio de postura á dirección de Vestas e ademais necesitamos un respaldo, un plan autonómico de reactivación industrial que mire pola Mariña porque temos unha enorme potencialidade, non só no eido turístico. Están ás portas os fondos Next Generation e necesitamos ese apoio, que desde Galicia se proxecte un plan industrial ilusionante para a nosa comarca”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



