Viveiro, 21 de setembro de 2021. O astrolabio náutico recuperado no chamado “pecio I” de Viveiro, datado entre os anos 1575 e 1622, constitúe unha peza fundamental do patrimonio viveirense e debe permanecer e ser exposto na cidade do Landro. Así o entende o grupo municipal do PP, que defenderá unha moción na próxima sesión plenaria co fin de que a corporación acorde a creación dun centro de interpretación provisional, ubicado nas instalacións cedidas ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro no edificio de cristal, ou noutras das que dispón o Concello e que reúnan as características adecuadas. Os populares propoñen tamén que, antes do 11 de outubro, se inste á Dirección Xeral de Patrimonio para que o Astrolabio quede en Viveiro ou sexa devolto á cidade o antes posible dado que dispón de instalacións para a súa exposición, persoal para a restauración e técnicos para expoñelo.
A concelleira popular Teresa Pérez Rodríguez di que nas instalacións nas que o seu grupo propón crear o centro de interpretación do astrolabio e doutras pezas só é preciso tapar unha goteira, opacar os cristais con vinilo a unha altura de dous metros, reforzar a porta cunha estrutura de ferro e imprimir carteis informativos.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez sinala que esta peza e moitas das que poidan ser achadas na ría forman parte do patrimonio cultural de Viveiro e deben ser expostas nesta cidade. Por iso, os populares apoian a petición do arqueólogo Antón López de crear un centro de interpretación. Explican que “de momento pode ser provisional, para albergar esta peza e as moitas que poden ir aparecendo en novas campañas, de maneira que co tempo sexa un referente importante da historia náutica e subacuática do país”.
Os populares lembran que o arqueólogo recibiu unha notificación de entrega urxente do astrolabio (único no mundo tanto pola súa conservación como pola súa morfoloxía) , dado que Patrimonio quere que sexa a peza estrela dunha exposición polo Xacobeo sobre achados subacuáticos; ten que realizar a entrega na semana do 11 de outubro.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



