Mondoñedo, a 26 de setembro de 2021. A corporación municipal do Concello de Mondoñedo aprobou na sesión plenaria deste venres por unanimidade de tódalas forzas políticas iniciar o expediente para concederlle a Susana Rodríguez Gacio a distinción de filla adoptiva predilecta.
O alcalde, Manolo Otero, comunicoulle directamente á médica e deportista con raíces mindonienses o acordo adoptado polo pleno ante o que se amosou “moi contenta e ilusionada”, segundo explica o rexedor. Durante a conversa tamén lle trasladou o desexo do Concello de organizar un acto, unha vez rematado o procedemento administrativo, “coincidindo cunha data que se adapte ao seu calendario de compromisos e ocupacións”.
Susana Rodríguez Gacio vén de lograr a medalla de ouro en triatlón na clase PTVI e a quinta praza na proba de 1.500 metros da clase T11 nos Xogos Paralímpicos de Tokio; sendo, ademais, a primeira española en competir en dous deportes distintos.
Tres veces campioa mundial de triatlón, rematou en setembro do 2020 a especialidade de Medicina Física e Rehabilitación no Centro Hospitalario de Santiago e a partir de entón dedicouse exclusivamente a preparar os Xogos de Tokio despois de obter Diploma Olímpico xa en Río.
Recentemente, foi protagonista da portada da revista Time que destacou tamén a faceta profesional da atleta con diversidade funcional como médica en recoñecemento ao seu traballo dende a primeira liña durante a pandemia.
Exemplo de esforzo, constancia e éxitos deportivos
O goberno municipal amósase satisfeito polo “apoio unánime” para o inicio do expediente para concederlle esta distinción a Susana Rodríguez Gacio. “Os nosos veciños séntense moi orgullosos das súas raíces. É un exemplo para todos”, engaden.
O Concello quere recoñecer, polo tanto, a Susana Rodríguez Gacio polos éxitos deportivos; pero, especialmente, polos valores que representa: “enerxía, esforzo, constancia e superación”.
O goberno local sinala que “é unha figura de proxección internacional moi vinculada a Mondoñedo” porque “os seus pais e toda a súa familia son da parroquia de Argomoso e comparte con nós moitos momentos”. Recordan dende o consistorio que “foi pregoeira das San Lucas no ano 2016, despois de participar nos Xogos Paralímpicos de Río”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



