Ribadeo, 26 de setembro 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, aposta pola “formación vinculada a unha saída laboral”. É por iso polo que aplaude a posta en marcha dunha nova formativa específica no IES Porta da Auga de Ribadeo trala sinatura dun convenio con Astilleros Gondán. Neste caso, ademais, Vega salienta que “o centro incorpora nova formación específica vinculada á industria e que, polo tanto, contribuirá a crear emprego de calidade”.
“A oferta educativa nos centros ribadenses increméntase con este nova acción formativa específica sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra que conta con 23 alumnos cursando esta ensinanza”.
O convenio con Astilleros Gondán leva aparellado un compromiso de contratación para o alumnado que supere a formación e, polo tanto, “trátase dunha formación para a busca activa de emprego”.
Aposta polo tecido económico local
Vega salienta tamén que “o Grupo Municipal Popular aposta polo tecido económico local e pola industria, como fai a Xunta, mentres que outros Gobernos a atacan sistematicamente”.
Nese sentido, o popular sinala que “queremos que Ribadeo sexa o punto de unión de formación de moita mocidade”. E para iso, “apostamos por aumentar a oferta educativa que demanda o sector produtivo da nosa vila e da comarca”, conclúe.
Recoñecemento pola iniciativa
O popular agradece, polo tanto, a aposta decidida da Xunta pola formación, ao director, Isidro Berdeal, e ao resto do equipo directivo e persoal docente e non docente do centro pola posta en marcha desta acción formativa específica e o apoio por parte da empresa. Así mesmo, Vega anima ao alumnado a matricularse e cursar esta ensinanza vinculada a un emprego.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



