Alfoz, 1 de outubro, 2021. O Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntazas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego.
As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros.
As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00h e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e coa excusa do libro de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.
Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate da lectura vese unha película, baseada no libro se é o caso, ou relacionada co mesmo.
A participación é totalmente de balde, levando cada integrante o seu libro en modalidade de préstamo. O Club conta ademais con 2 lectores de libros electrónicos que tamén están a disposición dos participantes.
O Club de lectura é un lugar de encontro onde a aficción á lectura é compartida por todos, onde se recomendan obras, onde se xera debate e diálogo e, sobre todo, se disfruta dun bo libro compartido na mellor compaña.
O Clube cumple dous anos de funcionamento e é un aliciente máis na vida cultural de Alfoz.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



