Santiago de Compostela, 4 de Outubro 2021. O Goberno do PP leva once anos incumprindo a lei tanto en materia de depuración como de abastecemento de augas e agora ultima un novo anteproxecto de lei que suporá un aumento de até o 60% do prezo da auga nos concellos onde a Xunta xestiona as depuradoras. Como? Incrementando o canón de xestión das depuradoras e incluíndo un novo canón á xestión da rede de recolectores
“Despois de estar once anos cruzado de brazos, o Executivo de Feixóo prepara unha subida do recibo da auga pola innovadora fórmula de cobrar por depurar a auga de choiva, -antes foi o imposto ao sol, agora é o imposto á choiva-, unha proposta que, ademais, penalizará aos concellos que fixeron máis investimentos para ter unha boa rede de recollida de pluviais”, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón.
“Unha familia de tres membros que consuma 39 metros cúbicos de auga pasaría de pagar 16 euros a pagar 25,97 euros ao mes, ao que habería que engadir o imposto do IVE”, explicou a líder do Bloque mentres mostraba un vaso de auga na súa comparecencia de denuncia da subida dun ben básico. “En plena crise, en plena escalada de prezos da luz e coa inflación disparada, Feixóo prepara unha subida no recibo da auga”, criticou.
E todo isto mentres o Executivo do PP fai “o que mellor se lle da que é buscar culpables”, recriminou, neste caso os concellos. Buscar un cabeza de turco e argumentar que, pese a subirlles o canón de depuración, os gobernos municipais teñen autonomía local para decidir se repercuten ou non esa subida na veciñanza.
“É dicir, que para o presidente da Xunta a autonomía local consiste en decidir se lle repercute aos veciños e veciñas a subida da auga que planea o seu goberno, ou se recortan noutros investimentos como política social, axudas ao comercio local ou na mellora dos espazos públicos, por citar algúns exemplos”, ironizou.
Ao incremento do canon de saneamento, que afectaría de cheo aos 28 concellos cuxas depuradoras son xestionadas pola Xunta, hai que engadir a subida do canón da auga a todos aqueles municipios que teñan perdas superiores ao 20% na rede de abastecemento, “despois de que o Goberno de Feixóo leve máis dunha década sen facer nada por mellorar esa rede incumprindo a obriga legal de elaborar un plan de abastecemento”, alegou Pontón, un plan que tería como función precisamente eliminar ou minimizar as deficiencias no proceso de subministro.
Obviamente, recalcou Pontón, o Bloque considera que hai moito por facer para mellorar o abastecemento e o saneamento na xestión da auga, “pero iso non se soluciona subindo o prezo da auga ás familias até un 60%, o primeiro paso é que o Goberno cumpra a súa propia normativa e as súas propias obrigas elaborando dunha vez un plan de saneamento e un plan de abastecemento”.
Neste sentido, o BNG reclama a retirada do anteproxecto de lei “do sablazo da auga” que presentou a Consellería de Infraestruturas, responsable do ente Augas de Galicia,
e a apertura dun proceso de diálogo con todas as partes implicadas na xestión deste ben básico e todo iso coa finalidade de poñer en marcha unha nova estratexia da auga, acorde coa directiva marco, e cunha nova cultura da auga.
“Desde logo, nun momento no que o IPC está disparado, onde todo sube, o que lles faltaba aos galegos e ás galegas é que o señor Feixóo prepare un aumento do recibo da auga nos concellos nos que as depuradoras son xestionadas desde a Xunta”, concluíu.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



