Ribadeo, 11 de outubro de 2021. O Concello deseñou unha proposta de actividades complementarias para todos os centros de ensino de Ribadeo para o curso 2021-22 como complemento do currículo educativo e co obxectivo de favorecer unha educación en valores. Haberá, entre outras propostas, exposicións, cine, teatro, obradoiros ou roteiros.
A concelleira de Ensino, Igualdade e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, contou que “un ano máis o Concello de Ribadeo, dada a boa acollida e o éxito de participación dos cursos anteriores, presentoulles aos centros de ensino de Primaria, Secundaria e Formación Profesional unha proposta de actividades complementarias encamiñadas a favorecer o coñecemento do noso patrimonio histórico cultural, o respecto e o coidado do medio ambiente, o fomento de valores como a igualdade, o respecto e a tolerancia ás diferenzas, a prevención e sensibilización sobre violencia de xénero, a educación emocional…”.
De xeito transversal as Áreas de Ensino, Igualdade, Mocidade, Cultura, Medio Ambiente e Turismo deseñaron actividades moi variadas e motivadoras das que poderá desfrutar o alumnado ao traballar conxuntamente cos centros educativos .
Álvarez Lastra explicou que “a programación púxose en marcha o pasado mes de setembro coas tres actividades do programa Ler Conta Moito e continuará ao longo de todo o curso 2021- 22 con propostas como: exposicións, cine, teatro, encontros literarios, música, danza, roteiros, obradoiros de elaboración de queixos e limpeza de praias, actividades e obradoiros de igualdade como Conectando, comunicando, socializando… Concurso de historias sobre as ciberviolencias, Sexualidade dende o bo trato, Cambios no corpo, Escape room rexeita o maltrato, entre outras “.
A edil ribadense engadiu que “dende o Concello queremos contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado e agradecer a todos os centros a súa participación nesta labor de involucrar oo seu alumnado nestas iniciativas na medida das súas posibilidades ou noutras parecidas, pois pode que sexa a única posibilidade real que teñan a maioría de nenas e nenos, de rapazas e rapaces… de coñecer este tipo de propostas”.
Mariluz Álvarez Lastra subliñou que “a responsabilidade de formar cidadáns responsables é de tod@s”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



