LUGO .- A Deputación, a través do Plan de Comunidades Veciñais, subvencionou 9 obras en Riotorto con máis de 73 mil euros. O presidente da Deputación participou na inauguración da igrexa de San Pedro, Riotorto, que foi rehabilitada dentro dos Plans de Comunidades Veciñais.
NOTA DE PRENSA
A Deputación mellora o abastecemento de auga de Begonte aforrando máis de 300.000 euros ó Concello
– A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación desta iniciativa que se inclúe dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública
– A Deputación asume o custe da primeira fase desta actuación tan demandada polos veciños, e reclama que a Xunta de Galicia realice a aportación que tamén ten comprometida para completar o proxecto
– A Deputación, a través do Plan de Comunidades Veciñais, subvencionou 9 obras en Riotorto con máis de 73.000 euros
A Deputación mellorará o abastecemento de auga potable de Begonte dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, creado para adiantarse á saída da crise e para contribuir a manter os postos de traballo neste momento económico. As obras inclúen a renovación das infraestruturas existentes tanto no núcleo begontino como no de Baamonde. Precisamente, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez García, visitaron este venres unha das zonas desta última localidade, na que actuará o organismo provincial.
En total, a Deputación destina a este fin 334.000 euros, que corresponden á primeira fase deste proxecto. Os núcleos de Begonte e Baamonde posúen na actualidade unha rede de abastecemento moi deteriorada polo paso dos anos. Deste xeito, con esta actuación, o organismo provincial aforra este custe ó Concello ó tempo que dota ós veciños deste municipio dunha infraestrutura moi demandada, xa que, tal e como explicou o titular provincial, “algúns barrios como o de Silvosa non teñen a presión de auga suficiente para realizar algunhas actividades domésticas, que esixen dunha potencia elevada, como pode ser poñer unha lavadora. Isto é un problema gravísimo. A isto hai que engadir as continuas avarías que se producen nas tubaxes, o que obriga ó Concello a pagar máis de 50.000 euros anuais en arranxos”.
Trátase da primeira fase dunha obra que en total supera os 670.000 euros. O Concello, ante a imposibilidade de executala, solicitou a axuda da Deputación e da Xunta de Galicia. O organismo provincial fixo os deberes e cumpre cos veciños de Begonte, pero a administración autonómica aínda non realizou a aportación necesaria para que o Concello complete o abastecemento. Neste senso, Gómez Besteiro esixiu ó Executivo galego “que cumpra como o fixo a Deputación. Todas as administracións estamos a pasar un momento difícil e todos estamos a desenvolver plans de austeridade, pero hai algúns que parece que a súas competencias non van con eles. Isto vai a provocar que comezemos a preguntar quen está o frente do goberno de todos os galegos”.
Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a celeridade do organismo provincial para poñer en marcha esta iniciativa “porque foi pedirllo ó Presidente e inmediatamente resolveu o problema. Agora ten que cumprir a Xunta, e queremos que o faga xa porque a Deputación xa puxo a súa parte”.
Comunidades Veciñais en Riotorto
O Presidente a Deputación participou na inauguración da igrexa de San Pedro (Riotorto) que foi rehabilitada dentro dos Plans de Comunidades Veciñais de 2008 e 2009. Concretamente, con cargo a esta iniciativa, o organismo provincial subvencionou en total 9 obras durante os últimos dous anos, achegando 73.163 euros.
A igrexa data de 1760 e grazas a este Plan melloráronse as sacristías e a cuberta, os accesos ó cemiterio parroquial e procedeuse ó saneamento do aparcadoiro. Os traballos tamén incluiron o pintado do campanario. Gómez Besteiro destacou que “é unha satisfacción comprobar os bos resultados que está a dar o Plan da Deputación porque esta é unha obra pequena, pero se o Concello nos contase coa colaboración provincial, nunca se podería levar a cabo”.
Precisamente, hai un mes o máximo mandatario provincial xa estivera neste Concello supervisando os traballos que realizaron as máquinas do Parque Móbil nas vías municipais, actuación coa que lle aforrou a este municipio outros 80.000 euros. Nesta mesma visita, o Presidente anunciara que xa se están expropiando os terreos da estrada provincial que comunica Marco de Álvare coas Rodrigas, un proceso no que se invisten 500.000 euros, para comezar os traballos logo do verán, e poñer fin á débeda histórica que mantiña a Deputación con este Concello.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



