A Mariña, 15 de outubro de 2021. A principios deste mes de outubro chegaba unha nova edición de A Mariña en Ruta, que organiza a Mancomunidade de Concellos para axudar á dinamización da comarca no outono. O obxectivo pasa por atraer escapadas de fin de semana para os galegos e as galegas e para as comunidades autónomas máis próximas, así como dar a coñecer o territorio dun xeito ameno e diferente á propia poboación local.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembraba na presentación do programa que tivo lugar o 27 de setembro no Cenima que “o proxecto A Mariña en Ruta, promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios, consiste nun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre”. E explicaba que “o obxectivo do programa é axudar na dinamización da comarca durante o outono e provocar, ademais de que a propia poboación local poda descubrir mais aspectos sobre a súa comarca, escapadas de turismo interno de Galicia e das comunidades autónomas próximas axudando na reactivación do turismo fóra de tempada nesta época marcada pola covid19”.
Esta edición, coa colaboración da empresa de turismo activo Volta Montana para a súa coordinación e execución, ven supoñer a valorización do entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía da Mariña Lucense a través de 10 roteiros que se están a realizar durante os meses de outubro, novembro e principios de decembro nos concellos de Trabada, Burela, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Viveiro, O Vicedo, Xove, Mondoñedo e Alfoz.
Rutas de novembro
As rutas abarcan dende os paraxes naturais de Santo Estevo do Ermo en Barreiros ou o Camiño de Santiago do Norte dende Lourenzá ata a esencia do Viveiro industrial, o xacemento arqueolóxico de San Tirso de Portocelo en Xove ou unha camiñata entre volcáns no Vicedo. Trátase dunha oportunidade fantástica de coñecer A Mariña Lucense dunha forma auténtica:
Santo Estevo do Ermo, paraxe natural, Barreiros. Con Sofía López, guía oficial de Galicia. Sábado 6 de novembro.
O Camiño de Santiago do Norte na Mariña Lucense. Con Claudia del Pino, guía oficial de Galicia. Sábado 13 de novembro.
Viveiro industrial e as lendas. Con Noela Feal, guía oficial de Galicia. Sábado 20 de novembro.
Camiñata polo paisaxe cultural de Portocelo, Xove. Con David Fernández, arqueólogo. Sábado 27 de novembro.
Camiñando entre volcáns, O Vicedo. Con Fran Canosa, geólogo. Sábado 4 de decembro.
Cajoto subliñou que “dende este venres xa é posible facer a reserva para os diferentes percorridos de novembro e do 4 de decembro que levan aos participantes a coñecer dun xeito moi interesante os tesouros da Mariña Lucense, da man de profesionais expertos no territorio e de diferentes disciplinas coma: Pedro Rolle, Guido Álvarez, Boris Vilar, Lidia de la Fuente, Sofía López, Claudia del Pino, Noela Feal, David Fernández ou Fran Canosa. Polo que animo a todo o mundo a inscribirse e desfrutar destas actividades, tanto das que quedan para este mes de outubro en Burela, A Pontenova e Riotorto como as 5 rutas seguintes por Barreiros, Lourenzá, Viveiro, Xove ou O Vicedo”
As rutas están tendo lugar os sábados de outubro, novembro e o 4 decembro, agás a primeira, que tivo lugar o domingo 3 de outubro. Teñen unha duración de 2 a 3 horas e poden participar en cada unha un máximo de 25 persoas mais a/o guía. O prezo é de 5 euros (individual), 8 euros (parella) e 12 euros (familiar ou grupo de ata 5 membros).
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



