Ribadeo, 16 de outubro de 2021. ACISA Ribadeo respalda a manifestación prevista para mañá, 17 de outubro, en Viveiro tras poñerse en contacto coa entidade os representantes dos sindicatos mais representativos da comarca (CCOO, CIG e UXT).
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte indicou que “A Mariña está a pasar por momentos duros e polo tanto é preciso que todos esteamos unidos cando a pouca industria da comarca está a ser desmantelada e o futuro de moitas familias en xogo. Dende Acisa non podemos nin queremos estar alleos a esta situación. Alguén pode pensar que isto nos queda lonxe, pero non é así. O noso comercio, a nosa hostalaría e os nosos servizos viven durante o ano dos veciños e das veciñas de Ribadeo e tamén dos da nosa comarca. O turismo é moi importante, pero iso dura uns meses e o resto do ano é moi longo e duro”.
O xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, dixo que “esta comarca leva anos abandonada polas principais administracións e a actual situación que estamos a vivir é boa mostra de iso. A Mariña necesita dun proxecto de renovación, que pase pola reindustralizacion, pola mellora das comunicacións, a mellora dos servizos públicos… que xere postos de traballo e fixe poboación. Non podemos depender exclusivamente do turismo, debemos abrir mais o abanico de actividades económicas. Isto non se fai dun día para outro por iso as administracións deben poñerse a traballar de inmediato, sobre todo as que teñen competencias na materia que nos ocupa”.
Pérez Prada sinalou que “un exemplo claro é Ribadeo, un concello que ten un potente sector comercial, hostaleiro e de servizos, pero moi pouca ou escasa actividade industrial, de aí que moitos veciños traballen en Alcoa, en Gondán, en Ence… pero consumen e compran na nosa vila, e grazas a iso sobrevive Ribadeo no inverno”.
Iriarte Quintana engadiu que “por todo isto e a tenor dos acontecementos que están a suceder na nosa comarca como o peche de Vestas e a situación de Alcoa, Acisa Ribadeo únese a esta reivindicación, para darlle un impulso de futuro á Mariña. Apoiamos a manifestación deste domingo, 17 de outubro, ás 12:00 horas en defensa da nosa comarca e para demandar melloras na industria, nas infraestruturas e na sanidade”.
Acisa enviou aos seus asociados e asociadas un comunicado para que o que queira e poida acuda a esa mobilización “ou para que o que queira e poida teña algún xesto desde o seu negocio, aínda que solo sexa poñer un cartel en apoio ou o que cada quen considere”.
O xerente de Acisa comentou que “agora as administracións, especialmente a autonómica, teñen a oportunidade de demostrar con feitos o seu apoio a esta comarca co proxecto de instalación de Altri, onde se prevé xerar 1.000 postos de traballo directos e moitos máis indirectos. Dende Acisa Ribadeo creemos que esta é unha oportunidade para Ribadeo, pola súa posición xeográfica privilexiada, con boas conexións por estrada, ferroviarias e marítimas e cun bo solo industrial. Está ben pedirlle ao Concello que faga todo o posible por atraer a empresa, pero a quen hai que demandarllo e á Xunta de Galicia, que é quen ten mais as competencias para facelo e así llo pedimos nosoutros”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



