Lugo, 25 de outubro de 2021. O presidente da Deputación, José Tomé, asegurou semanas atrás que pretende aprobar o orzamento provincial para o 2022 antes de final de ano. Dado que en anos anteriores presentou no Parlamento de Galicia as grandes liñas do orzamento e parece que volverá facelo no actual, e, dado que o PP non recibiu información algunha con respecto ao proxecto das grandes contas provinciais, os populares, por medio do seu portavoz, Javier Castiñeira, avisan de que “sería un despropósito e unha deslealdade institucional que Tomé presentara antes ao Parlamento de Galicia que á corporación provincial o orzamento da Deputación para o 2022”.
Castiñeira sinala: “O grupo provincial do PP quere poñer de manifesto o que sería un feito inaudito nesta provincia. A estas alturas o señor Tomé xa debe ter data para presentar os orzamentos da Deputación para o ano 2022 no Parlamento de Galicia, sen ter data aínda para presentalo nin aos grupos da corporación provincial nin aos propios lucenses”.
O portavoz popular manifesta: “A verdade é que sería un auténtico despropósito. Cremos que non obedecería a unha estratexia política do bipartito, que leva anos utilizando a Deputación de Lugo como ariete político contra o Xunta de Galicia; obedecería máis ben a un interese político do propio Tomé, que está esperando a ver quen é o secretario xeral no PSdeG para logo presentar os orzamentos de todos os lucenses. Sería moi lamentable”.
Os populares, sinala Castiñeira, “agardamos unha resposta do presidente á carta que lle enviamos no mes de xuño, na que nos ofreciamos a colaborar para os orzamentos do 2022, que teñen que ser os orzamentos da recuperación”.
Castiñeira aclara: “Non tivemos contestación ao noso ofrecemento. Levamos falando con diferentes alcaldes de distintas comarcas e vemos que o goberno provincial de novo pretende deixar de lado ao grupo maioritario da corporación, a pesar do ofrecemento e da lealdade institucional que practicamos”. O portavoz provincial do PP espera “que o señor Tomé cambie de actitude e nas próximas semanas, canto antes, nos chame para falar dos orzamentos da Deputación de Lugo, especialmente antes de que os presente no Parlamento de Galicia; sería unha deslealdade e un despropósito político”.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



