Alfoz, 24 de outubro de 2021. A asociación Cultura do País, (colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios na comarca do Valadouro) organiza a presentación do libro Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, de Prudencio Viveiro Mogo, publicado por Edicións Laiovento o pasado mes de setembro.
O acto terá lugar o sábado 30 de outubro ás 19:00 h., no castelo do Castrodouro de Alfoz.
Intervirán, amais do propio autor: Ruth Rodríguez Bermúdez (presidenta de Cultura do País), quen presentará o colectivo no municipio alfocés, pois é a primeira actividade que se leva a cabo neste concello, e a seguir o escritor alfocés Lionel Rexes presentará a Prudencio Viveiro.
Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana é un estudo sobre a sociedade de emigrantes “El Valle de Oro”, un importante colectivo filantrópico impulsor da creación de escolas nas parroquias de Adelán, Bacoi, Vilacampa, O Cadramón… así como de axudas económicas para a construción da igrexa de Ferreira e outras obras de carácter social. “El Valle de Oro” foi fundada no ano 1907 e continúa activa hoxe en día na capital cubana, dirixida polos últimos descendentes de galegos emigrados. Chegou este colectivo a contar cunha delegación no propio val, a través da cal se xestionaban peticións de axuda, administración de remesas económicas, etc.
Estamos a falar polo tanto, dunha asociación cunha traxectoria de 114 anos; sen dúbida a máis antiga e lonxeva das creadas por nativos deste val.
Prudencio Viveiro é natural da parroquia valadouresa de Moucide, é historiador e actualmente desenvolve a súa actividade profesional no Consello da Cultura Galega, en Compostela. Anteriormente ten publicado Política, eleccións e fidalgos (Ediciós do Castro, 2004) e O Estatuto Galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007).
Durante a presentación poderán adquirirse exemplares deste amplo e minucioso estudo, unha obra de investigación que está a suscitar grande interese en ambos municipios do val, pois, alén de aproximacións e breves referencias, nunca se levara a cabo unha investigación en profundidade sobre a colectividade emigrante do Valadouro na Habana.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



