SAN CIBRAO .- A Asociación MariñaPatrimonio comunicou á dirección xeral de Patrimonio a deterioración que se está a producir no xacemento arqueolóxico do castro da Atalaia en San Cibrao, e demanda que Patrimonio tome as medidas oportunas que garantan a protección e a conservación do xacemento, tal e como contempla a lei.
Nota de Prensa
Nota de prensa de MariñaPatrimonio sobre a caída dun dos muros atopados nas últimas escavacións arqueolóxicas do castro da Atalaia.
MariñaPatrimonio comunicou á Dirección Xeral de Patrimonio a deterioración que se está a producir no xacemento arqueolóxico do castro da Atalaia en San Cibrao (Cervo).
O recente temporal de choivas, que afectou de maneira especial á Mariña, provocou a caída dun dos muros atopados nas últimas escavacións arqueolóxicas.
MariñaPatrimonio demanda que a Dirección Xeral de Patrimonio tome as medidas oportunas que garantan a protección e a conservación do xacemento, tal e como contempla a lei.
(LEI 8/1995, DE 30 DE OUTUBRO, DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA
TÍTULO II
REXIME XERAL DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA
CAPÍTULO I
REXIME DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN
Artigo 25. Deber de conservar.
2. Os poderes públicos garantirán a protección, conservación e enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia.)
Instamos, ademais, a que de maneira urxente se adopten medidas de consolidación e conservación das estruturas do castro para evitar que poidan producirse máis desperfectos neste valioso xacemento.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



