O Vicedo, 9 de novembro de 2021. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a executar obras de modernización e mellora das condicións de traballo e operatividade nas instalacións do porto lucense do Vicedo. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, explicou esta mañá durante unha visita á zona que o seu departamento xa rematou as obras de mellora da nave de redes e ultima a instalación do control de accesos ao porto deportivo, unhas actuacións que suman un investimento de preto de 40.000 euros.
A representante do organismo dependente da Xunta, que estivo acompañada por representantes do sector e da Corporación municipal, explicou que as obras na nave de redes se enmarcan no plan de renovación de envolventes de edificios portuarios. Neste caso os traballos consistiron na substitución da actual cuberta por outra de panel sándwich que incorpora ademais unha superficie de panel translúcido para mellorar a iluminación natural do interior do inmoble. Esta actuación permite ao mesmo tempo mellorar as características térmicas do inmoble. Os traballos tamén inclúen a substitución da canle de recollida de auga por outra de aceiro inoxidable e a instalación dunha nova porta motorizada.
Susana Lenguas destacou ademais que, en paralelo a esta actuación, Portos de Galicia está a desenvolver os traballos para a posta en marcha dun novo sistema de control de accesos aos pantaláns e instalacións flotantes do Vicedo. Trátase dun sistema que permite a apertura con tarxeta ou co teléfono móbil a través dunha aplicación e código PIN.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



