Viveiro, a 10 de novembro de 2021. A negociación do ERE de Vestas rematou este luns sen acordo, despois de que se así o aprobaran por amplísima maioría (83 votos a favor e 13 en contra) as traballadoras e os traballadores da fábrica. A rotunda negativa da empresa a facilitar unha solución de futuro ampliando o período de consultas, obriga as administracións estatal e galega a redobrar esforzos e traballar para atopar unha saída no curto prazo.
Para a CIG o feito de que a empresa non queira continuar coa actividade industrial non pode implicar o peche da factoría hipotecando calquera futuro produtivo, nunha comarca como A Mariña que sofre, ademais, un importante deterioro industrial. Por iso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que estivo nas negociacións do ERE, demanda dos gobernos galego e español “que traballen arreo no marco da mesa industrial para atopar unha solución viábel que garanta a continuidade de todos os postos de traballo e da actividade produtiva”.
Carril denuncia a mala fe da multinacional en todo este proceso, pois existindo varias compañías interesadas na planta de Chavín e unha mesa industrial a pleno funcionamento, “Vestas teimou en concluír as negociacións do ERE, demostrando que a súa única intención é deslocalizar a produción e pechar sen dar ningún tipo de alternativas”.
Neste senso, subliña que este conflito evidencia a indefensión e a inxustiza de manter vixente a reforma laboral de 2012, que deixa todo o poder de decisión sobre a continuidade dos empregos nas mans das empresas, pois de terse derrogado, Vestas non podería executar o despedimento colectivo sen autorización administrativa previa.
Pero, engade Carril, tamén deixa ás claras a necesidade de políticas públicas e da intervención pública nos distintos sectores da economía para evitar que, en pleno proceso de transición enerxética e cando Galiza padece unha ofensiva enerxética colonizadora coa implantación de macro parques eólicos, as empresas poidan seguir destruíndo impunemente o tecido produtivo e os empregos na actividade relacionada con este sector.
Fronte a este espolio, a CIG reclama que se obrigue ás empresas a que a instalación masiva de eólicos leve ligados proxectos industriais para a súa implantación, “de maneira que en Galiza, cando menos, poidamos tirar proveito desta actividade cun papel relevante na fabricación de todos os compoñentes”.
Nesta liña, a CIG tamén demanda que lexisle para impedir que compañías como Vestas poidan acometer un despedimento colectivo como este e, ao tempo, seguir levando o mantemento de parques eólicos en Galiza e ser socio tecnolóxico das operadoras enerxéticas.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



