Lugo, 15 de novembro de 2021. A presidenta provincial, Elena Candia, e os senadores, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Juan Serrano, pediron esta mañá aos socialistas de Lugo que se, “verdadeiramente están cos gandeiros de Lugo, apoien as emendas presentadas polos populares ao proxecto de Lei da cadea alimentaria para garantir uns prezos xustos, e que serán debatidas en pleno no Senado esta mesma semana. Os populares apelan así á responsabilidade dos representantes do PSOE galego e lucense, en particular, unha vez que o pasado venres, na Comisión de Agricultura e con carácter previo á sesión plenaria, declinaron apoiar ao sector lácteo emitindo o seu voto en contra.
“Isto é unha chamada de auxilio”, apuntou Barreiro, pois “é o momento para crear un instrumento que dea efectividade a unha declaración de intencións”, xa que, do contrario, afirmou, “esta norma será papel mollado”. As emendas dos populares van no senso de que os produtores nunca vendan por debaixo do custos de produción, tal e como tamén defende a Xunta de Galicia, a través da consellería do Medio Rural, e como a presidenta e voceira nesta materia do Grupo Parlamentario do PP, Elena Candia, expuxo na Cámara galega en días pasados.
“Logo do que vimos este venres, estamos preocupados pero é o momento de corrixir a situación”, remarcou Barreiro, sobre todo, porque o sector lácteo tivo un papel fundamental durante a pandemia e polo que peso que representa na economía galega. Neste senso, lembrou que Galicia conta co 40% da cota láctea de España, sen esquecer que a nosa Comunidade é a terceira potencia na produción de carne.
“Poden porse nas manifestacións, pero chegou o momento de impedir para sempre que se venda leite a perda. A proposta da Consellería, que é a mesma que vai nas nosas emendas, dá garantías ao sector. É cuestión de vontade política”, remarcou.
Con estas iniciativas, o que piden os populares é que se garanta que todos os elos da cadea de valor láctea cobren polo seu produto un prezo que cubra, alo menos, os seus custos de produción e que esta esixencia se contemple de xeito particular no caso dos gandeiros. Ademais, pídese que no texto final desta lei se recoñezan os resultados económicos da Conta láctea galega ou doutras aplicacións oficiais como forma de acreditación do custo efectivo da produción.
Mecanismo de control
Diante desta situación, consideran necesario que se axuste a reforma do proxecto de Lei da cadea alimentaria, actualmente en tramitación no Senado, para que se incrementen de forma sensible os mecanismos de control que impidan aos produtores vender a perdas ou por baixo dos custos de produción. Defenden que non é suficiente a proposta contida no artigo 12 Ter desta lei, cando se refire a que cada operador deberá pagar ao operador inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custe efectivo da produción, polo que reclamamos que o prezo que se debe pagar ao produtor debe cubrir, alo menos, o custo de produción e sempre unha marxe de beneficio, como calquera empresario.
Neste senso, lembran que para que esta Lei teña efecto real, o Goberno central debe habilitar mecanismos de control específicos que garantan o cumprimento desta prohibición, especialmente nas relacións nas que interveñen os produtores do sector primario. Ademais, debe entenderse como válido o custo efectivo de produción determinado a través de aplicacións ou plataformas informáticas especificamente deseñadas ao efecto por parte de organismos públicos de ámbito estatal ou autonómico con competencia en materia agraria.
Así, a iniciativa que impulsa o PPdeG tanto no Parlamento galego, como no Senado, demanda impulsar unha campaña de concienciación dirixida ao consumidor final sobre o papel esencial do sector primario no aprovisionamento de alimentos de calidade, ademais de reforzar a promoción dos produtos lácteos galegos, incidindo en aspectos como a seguridade alimentaria, o benestar animal nas explotacións e a diversificación da produción.
Para rematar, apóiase a demanda de base territorial para os gandeiros, como mecanismo de redución dos custos de alimentación; e a tramitación da constitución do Observatorio Lácteo Galego, previsto na Estratexia do sector lácteo, como instrumento que permita acadar unha mellor estrutura sectorial.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



