Santiago de Compostela, 16 de novembro 2021. A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez preguntou ao Goberno galego polas previsións e avaliación do asentamento de parques eólicos mariños e as consecuencias na actividade pesqueira. Para a deputada, a Xunta continua mantendo “unha posición escurantista” e ocultando os pasos dados até o momento.
Na súa intervención, a nacionalista lembrou que o PP e PSOE acadaron un acordo no Parlamento galego que rachou “co consenso político” acadado no ano 2009. PP e Grupo Socialista PSdG acordaron: promover e dinamizar o sector da eólica mariña offs ore, analizar o asentamento de parques garantindo o respecto e compatibilidade coas actividade pesqueiras e a preservación do medio mariño, e constituír o Observatorio da Eólica Mariña. Chama moito atención, indicou a nacionalista que recen aprobado este acordo e unha semana despois, “Iberdrola solicita o alcance ambiental de 2 parques eólicos mariños en Galiza”.
Tras a resposta de directora xeral de Enerxía, Paula Uría, a nacionalista acusou ao goberno de “falta de transparencia” e afirmou que o goberno, unha vez máis “comezou a casa polo tellado”, xa que sen a probación do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo non pode elaborase a declaración de impacto.
O prazo de achegas ao POEM, explicou rematou o 25.06.212 e o BNG trasladou ás súas consideración ao Ministerio resaltando: a “singularidade de Galiza no ámbito pesqueiro” e polo tanto “dunha avaliación específica” porque o sector pesqueiro e marisqueiro galego non é comparable a ningún outro do territorio. Asemade, dende o BNG, defendemos, a necesidade de “declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños”, atendendo ao impacto que terían, tanto nas áreas delimitadas polos aeroxeneradores como nos fondos mariños afectados polo trazado do cableado até a costa e a servidume de protección.
Rosana Pérez subliñou que as instalacións eólicas mariñas supoñen “unha alarma” para a seguridade marítima ao incluír plataformas físicas nunha costa que soporta un intenso tráfico comercial ao que sumou os condicionantes climáticos específicos da costa galega. A maiores, engdiu, os parques eólicos tamén coliden coa actividade acuícola de Galiza para a cría, cultivo ou recollida de peixes, crustáceos, moluscos ou algas e todo o relacionado coa produción de mexillón, a ostricultura e o marisqueo a frote e a pé.
Parques de Iberdrola
Sobre o proxecto de Iberdrola, a nacionalista explicou que os dous parques contan con 490 Mw cada un e as súas liñas de evacuación e subestación en terra. Un na Mariña e outro no Ortegal (fronte ás costas de Cariño), que comprenden 40 e 35 millas respectivamente (case 80 km. nun caso e 70 no outro, sen contar aquí as servidumes que acarrearían).
A Xunta segue sen dar a coñecer a súa posición
A día de hoxe, dixo a deputada, descoñecemos o seu posicionamento sobre o proxecto de RD polo que se aproban os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM). Tampouco temos información da avaliación e consideracións no trámite de información pública sobre os proxectos de Iberdrola na costa galega, nin da Folla de Ruta para o Desenvolvemento da Eólica Mariña en España ou as deliberacións e acordos, se os hai, do “Observatorio da Eólica Mariña creado en Galiza”
Rosana Pérez anunciou que o BNG seguirá rexistrando iniciativas ao fin de defender a costa galega e a actividade pesqueira e marisqueira ameazada pola instalación de parques eólicos mariños.





















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



