Ribadeo, 24 de novembro de 2021. O Banco Santander terá que indemnizar ao Concello de Ribadeo por non permitirlle acceder ás contas de Francisco Moreda durante máis dun ano. Para o alcalde, Fernando Suárez, trátase dunha boa noticia “tanto por interese público como por orgullo e dignidade”. Esa cantidade, uns 85.000 euros, sumarase ao resto da herdanza que este médico decidiu destinar ao Hospital Asilo.
O rexedor dixo que “hoxe empezamos cunha boa noticia tanto por interese público como por orgullo e dignidade. Acabamos de saber que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Mondoñedo deunos a razón no preito contra o Banco Santander por non darnos acceso ás contas do finado Francisco Moreda durante máis de un ano. Isto supuxo graves danos no patrimonio desta herdanza, por canto ao non poder acceder no tempo razoable, houbo unha serie de produtos financeiros que viron reducido o seu valor. Desde o Concello, como titular do Hospital Asilo, e por extensión responsable da xestión desta herdanza, nada puidemos facer durante todo o tempo que o Banco actuou neglixentemente ao non permitirnos acceso ás contas e aos valores”.
Suárez Barcia manifestou que “o que si fixemos durante todo este tempo foron os requirimentos formais reiterados, motivados a través dos informes da Tesourería e da Intervención do Concello, indicándolle a ese Banco que podería ser responsable, como así acabou sendo, por esta actuación neglixente. Á vista desta inxustiza, contratamos a un bufete de avogados especializados en Dereito Mercantil, Zamorano & Peleteiro, quen viron que había motivos dabondo para recorrer á xustiza para defender o interese público”.
O alcalde sinalou que “o Banco estivo moitos meses sen darnos acceso a todas as contas esixíndonos documentacións inxustificables e cuestionando se o Concello era o herdeiro lexítimo, algo que o resto de actores neste caso non o fixeron (nin a Notaría, nin o Rexistro da Propiedade, nin o Ministerio de Facenda, nin o propio Xulgado cando nos deu as chaves do piso que estaban na súa custodia, etc.).
Finalmente, a xustiza, oídas ambas as dúas partes, recoñece a neglixencia do Banco de Santander e obrígao a indemnizar ao Concello, xa que esa entidade non pode erixirse en xuíz da sucesión cuestionando a calidade de sucesor do Concello nin as vicisitudes estatutarias ou orgánicas do Hospital Asilo, dado que o Banco carece de toda lexitimación para iso”.
Fernando Suárez indicou que “segundo os nosos avogados, a falta da precisión exacta do montante, este pode ascender a uns 85.000 euros. Desde o Concello sentímonos aliviados con esta sentenza, sabendo que o interese público non se ve afectado. E tamén podemos dicir como moralexa, como non, que o dito de que a Banca sempre gaña, non é certo. Agora este montante económico sumarase ao resto da herdanza, que xa temos a bo recaudo da Tesourería municipal, e que se completará coa venda do piso, que aínda que quedou deserto nesta recente poxa, xa estamos traballando en sacalo proximamente a unha nova con un valor algo mais inferior.
O rexedor ribadense engadiu: “e con todo o que teñamos, sabemos que non ha ser abondo para o tamaño proxecto de reforma do Hospital Asilo que temos por diante, mais confiamos que desta volta, a Xunta de Galicia poña a diferenza para poder executar estas obras tan necesarias”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



