Ribadeo, 29 de novembro de 2021. No pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Ribadeo someterase a aprobación a solicitude dun novo proxecto europeo Life Global para a costa ribadense. Á sesión, que dará comezo ás oito da tarde, tamén se levará a actualización do IPC interanual para as taxas da auga, do saneamento e da piscina municipal e unha modificación para a adaptación técnica e redución económica da ordenanza de terrazas.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, contou que “un dos temas que vai ao pleno de mañá é a proposta de solicitar un novo proxecto europeo que coñecemos como Life Global, e trátase xa da segunda candidatura pois a primeira non acadou a puntuación necesaria para obter o financiamento comunitario. Este proxecto segue a estela do Life Fluvial, que aínda está vixente, e co que fomos expropiando nestes últimos tempos terreos na marxe galega da ría de Ribadeo para poñer a disposición de Conservación da Natureza para facer actuacións medio ambientais. De aí que estivéramos substituíndo eucaliptos por frondosas desde As Aceas ata practicamente o inicio da traza do tren mineiro de Ribadeo a Vilaoudriz”.
O rexedor explicou que “agora neste outro Life que queremos solicitar, trátase de pedir financiamento para adquirir unha serie de parcelas que lindan co mar, na parroquia da Devesa, singularmente no que é o entorno das Catedrais, e tamén en Rinlo e máis en Vilaframil. En definitiva, propoñeríamos a compra de 27 parcelas, que ocupan unhas catorce hectáreas no seu conxunto, para lograr a restauración dos hábitats costeiros de flora autóctona. Este ambicioso proxecto tamén se levaría a cabo en coordinación con outras comunidades como Asturias, Castela, Euskadi e Navarra, a través do IBADER, que é o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela”.
Suárez Barcia dixo que “tamén levaremos ao pleno a actualización das tarifas da auga, do saneamento e da piscina municipal coa aplicación do IPC interanual correspondente, que neste ano se sitúa no 4%. O resto de taxas e impostos municipais, como non están suxeitos a actualizacións obrigatorias, decidimos non subilos”.
O alcalde engadiu: “tamén queremos facer unhas modificacións na ordenanza das terrazas para bares, restaurantes, cafeterías, etc… para consolidar os cambios que se permitiron no máis duro da pandemia, é dicir, poder poñer as terrazas, sempre que as condicións técnicas o permitan, nas zonas de estacionamento reservadas a vehículos. Evidentemente terán que cumprir cunha serie de criterios técnicos en canto a materiais, a seguridade, á instalación de tarimas de ser necesario, etc…, pero desde o punto de vista económico fixemos un novo estudo e determinamos unhas novas tarifas, que serán máis baixas en xeral, atendendo tamén a que os espazos a ocupar tenden a ser maiores do que eran para un mesmo número de persoas que os ocupen. Ademais, de xeito excepcional, para este vindeiro ano 2022 aplicarase un 50% de redución na taxa por ocupación de vía pública”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



