Ribadeo, 29 de novembro de 2021. Acisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal, que se desenvolverá do 2 de decembro ao 9 de xaneiro de 2022. Inclúe a XI Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, concursos, sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa e a instalación da árbore destas datas nas Catro Calles, todo baixo o slogan O Nadal vívese en Ribadeo.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se celebrará do 2 de decembro ao 9 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XI Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa nunha nova ubicacion, actividades para as nenas e os nenos e a entrega de material gratuíto para os nosos socios e socias”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, explicou que “este ano, coma o pasado, o sorteo da Festa do Comercio non será presencial para evitar as aglomeracións que se producían outros anos nesa xornada. Este realizarase nas oficinas de Acisa o 10 de xaneiro e será emitido en vídeo a través das redes sociais da asociación, coa posterior publicación dos números agraciados nos medios de comunicación. Desde o 2 de decembro ata o 9 de xaneiro as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo”. E subliñou que “este ano temos novidades nos premios, que se repartirán nun de 2.000 euros, dous de 500 euros, dous de 250 euros e cinco de 100 euros, co fin de poder premiar a máis xente e mantendo sempre un gran premio. Este ano póñense en circulación 200.000 rifas, 75.000 mais que o ano pasado, esperando que sexa unha campaña de Nadal moito mais animada. Esas rifas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes”.
Iriarte Quintana dixo que “este ano optamos tamén por xerar nas rúas de Ribadeo o mellor ambiente de Nadal posible, que faga que ao saír da casa un se alegre un pouco máis e que se evada de tanta información”.
Pérez Prada sinalou que “instalaremos o árbore de Nadal de Acisa nas Catro Calles, concretamente en Rodríguez Murias, creando un espazo único onde veciños e visitantes poidan fotografarse, fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL, iluminado para a ocasión. Tamén apostamos pola ambientación musical, por iso en Ribadeo volveranse escoitar, a través da megafonía, polas principais rúas as tradicionais panxoliñas”.
O presidente de Acisa seguiu a relatar que “apostaremos tamén polas actividades para os mas pequenos, sempre que as circunstancias o permitan e deixando aberta a posibilidade de cancelación. Contaremos con animación para eles grazas a unha obra de teatro o dia 18 de decembro e un taller de adornos de Nadal o dia 24. Un ano máis xa foi entregado o material gratuíto aos socios: 30.000 bolsas, papel de regalo e pegatinas”.
Jesús Pérez manifestou que “todo isto non se entendería sen unha ampla campaña de promoción, co fin de dicirlles aos ribadenses, aos veciños da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes. Faremos unha ampla promoción que completaremos con spots publicitarios en redes durante estes días e cun spot especial que se dará a coñecer o 9 de decembro na entrega dos premios nacionais de comercio, onde Acisa foi agraciada, e que servirá para promocionar Ribadeo a nivel nacional, sen dubida a principal novidade neste sentido, xa que será a primeira campaña que nos dará a posibilidade de darnos a coñecer a ese nivel”.
Francisco Iriarte indicou que “para este Nadal non debemos esquecer a campaña das Panchas, organizada polo Concello de Ribadeo, que será sen dubida un revulsivo mais para mercar e consumir na nosa localidade e que dende Acisa conta con todo o noso apoio, tamén recordar que participamos na campaña Mercando en Lugo, que sortea en todo a provincia 30.000 euros, e que ata o 14 de decembro esta activa a campaña Acisa Aforro, con descontos no carburante. E tamén participamos co Ribadeo FC na súa campaña de captación de socios coa que Acisa colabora con outros 500 euros en vales de compra”.
O xerente de Acisa manifestou que “esta campaña de Nadal supón unha inversión de mais de 30.000 euros por parte Acisa. É un dos maiores, se non o maior, esforzo económico realizado nos últimos anos, co fin de reactivar e consolidar a recuperación económica da vila. Toda esta programación exclusiva de Acisa Ribadeo contará co financiamento e colaboración principalmente de Concello de Ribadeo, administración á que lle estamos moi agradecidos, e con fondos propios da nosa asociación”.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



