Ribadeo, 30 de novembro 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, denuncia que Ribadeo pasou catro días da semana pasada -xoves, venres, sábado e domingo- sen luz: “estuvimos a ciegas en muchas de nuestras calles que se iluminaban gracias a las luces de los escaparates”, sinala a popular.
Tanto veciños, coma hostaleiros e comerciantes teñen trasladado as súas queixas ante esta situación que tamén condenan os populares. Sierra considera, a este respecto, que “el gobierno local parece que está totalmente en contra del comercio local”. Durante o Black Friday houbo unha total falta de iluminación nas rúas debido ao apagón da semana pasada. Pero a esta situación hai que sumarlle tamén a falta de programación en relación ás obras da rúa Rodríguez Murias que “están paradas y sin acabar” de cara á ponte da Constitución. “El gobierno del BNG no prevé los puntos y fechas donde la gente viene mayoritariamente a comprar a Ribadeo”, matiza.
Precisamente de cara ao Nadal, Sierra explica que haberá iluminación navideña. “Nos alegramos mucho porque será la única forma de ver algo por la noche en nuestras calles”, apunta.
Apagóns constantes
“En Ribadeo sabemos muy bien lo que son los apagones de luz en nuestras calles porque los llevamos sufriendo mucho tiempo. Lo peor es que el gobierno local sabe perfectamente donde se encuentra el problema de la luz y puede arreglarlo ya”. É por iso polo que o Grupo Municipal Popular urxe ao goberno do BNG “a tomar cartas en el asunto, ser serios y arreglar el problema de la luz de una vez por todas”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



