Ribadeo, 1 de decembro de 2021. ACISA Ribadeo está satisfeita coa nova ordenanza de terrazas, na que parte das reclamacións do colectivo empresarial víronse contempladas e os logros adquiridos nestes meses de pandemia consolidáronse na regulación definitiva.
O presidente da asociación empresarial ribadense, Francisco Miguel Iriarte, indica: “estamos satisfeitos e contentos coa nova ordenanza que regulará as terrazas de xeito definitivo nos próximos anos. Trátase dun marco normativo que entendemos que fomenta a actividade da hostalaría, respectando o descanso veciñal e o tránsito de persoas pola rúa, encontrando un bo equilibrio entre estes importantes aspectos. Estamos ante unha normativa ampla, que contempla os diferentes escenarios das nosas rúas, con horarios acordes á actividade da hostalaría, que garante a seguridade das mesmas e que mellora as condicións da anterior regulación, así coma establece un período de adaptación tanto para os requisitos técnicos coma para os pagos”.
O xerente e portavoz de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez explica que “a normativa non deixa de ser a mesma que había previa á pandemia, pero con determinados cambios que consideramos moi beneficiosos. Esta nova lexislación consolida os logros que dende ACISA Ribadeo demandamos durante a pandemia como foi a utilización de aparcadoiros públicos para situar terrazas onde nas beirarrúas non se podían poñer terrazas ou a ampliación do tamaño das mesmas. Cabe destacar de xeito positivo a ordenanza fiscal, na que se establece un prezo máis baixo para aqueles que queiran ter a terraza todo o ano instalada, algo que debido a pandemia xa é algo que veu para quedarse, así como que no ano 2022 o prezo reducirase un 50 por cento respecto do que se pagará con normalidade a partir do 2023”.
Jesús Pérez engade que “ademais establécese un período de moratoria ata o 2023 para adaptar as terrazas a nova normativa, ampliando o prazo que xa se establecía na anterior regulación, sendo os mesmos criterios aos que hai que adaptarse. Importante tamén nos parecen os horarios, que, dentro dunha marxe razoable e equilibrada entre o traballo dos hostaleiros e o descanso dos veciños, establece a apertura das terrazas ás 08:00 horas e o peche nos meses de maio a setembro de domingo a xoves será ás 1:30 horas, e os venres, sábados e vésperas de festivo segundo a licenza de cada establecemento. Durante o resto do ano o peche será ás 23:30 horas e ás 2:30 respectivamente, e permítese a posibilidade de solicitar ampliacións horarias en días especiais”.
Francisco Iriarte remata: “estamos de acordo tamén con que se busque unificar a estética das terrazas, algo que xa está practicamente feito e que sen dubida é necesario para que Ribadeo dea unha boa imaxe turística; e tamén nos parece moi interesante o que se establece sobre o estudo para a instalación de terrazas, que se fará de xeito particular a cada caso, garantindo que se busquen as máximas posibilidades para que todo aquel negocio que o solicite poida ter algunha terraza.”




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



