Mondoñedo, 12 de decembro de 2021. Mondoñedo vén de crear unha nova aplicación móbil para veciños e visitantes. Con “Mondoñedo APP” os usuarios poden manterse informados de todas as novidades (noticias, avisos, eventos) que teñen lugar no Concello, recibindo puntualmente no seu dispositivo unha notificación con cada comunicado. Ademais, esta nova canle de información conta cunha completa guía turística dispoñible en varios idiomas (galego, español e inglés), lector de códigos QR, un directorio de locais de hostalaría, comercios e empresas, e un servizo de comunicación bidireccional onde os usuarios poden enviar mensaxes ou reportar incidencias.
Difusión de noticias
Dun xeito moi doado e intuitivo, “Mondoñedo APP” permite aos usuarios recibir avisos diarios no seu teléfono móbil sobre as últimas noticias municipais, bandos, normativas, cortes de tráfico, avisos, ofertas de emprego, subvencións, etc.
Os usuarios que descarguen a aplicación no seu teléfono intelixente poderán estar ao corrente de todo o que acontece en Mondoñedo. A plataforma permite a subscrición sen custe a diferentes canles informativas (xeral, cultura, turismo, ocio, festas, etc.). Dependendo dos intereses dos usuarios, estes poderán escoller recibir notificacións dos comunicados que se publiquen soamente nas canles da súa elección ou en todas as dispoñibles.
Axenda de eventos
Neste apartado da aplicación ofrécese información actualizada sobre os vindeiros eventos que van ter lugar en Mondoñedo, por orde cronolóxica da data de inicio. En cada evento, os usuario poderán facer uso de ferramentas como a xeolocalización (funcionalidade que permite obter indicacións por medio do GPS do teléfono para chegar ata o lugar do evento) ou exportar os contidos ao calendario do seu teléfono (engadindo os eventos no calendario del móbil, o usuario pode establecer recordatorios das datas do evento). Algúns eventos poderán incorporar ligazóns externas, por exemplo, para reserva de localidades ou compra de entradas.
Guía turística
A aplicación “Mondoñedo APP” ofrece información de interese sobre máis dun cento de elementos da cidade (monumentos, museos, patrimonio histórico, entorno natural, rutas, arqueoloxía, artesanía, gastronomía,… ). Unha completa guía turística integrada que permite navegar polos diferentes contidos facendo uso dos menús clasificados por temas, ou consultar os puntos de interese sobre o mapa da cidade para ver con detalle a localización dos mesmos. Pódese, incluso, facer uso do navegador GPS do terminal móbil para chegar con facilidade ata cada posición.
Todos os elementos da guía turística están dispoñibles en galego, español e inglés, e incorporan recursos gráficos e arquivos adxuntos que permite ampliar o coñecemento sobre cada materia. A funcionalidade da guía turística complétase con lector de códigos QR que facilita información en detalle cando se escanea un dos códigos dispostos sobre a sinalización vertical dos principais recursos turísticos do municipio.
Directorio
Esta funcionalidade permite consultar información relativa ó transporte, farmacias, aloxamentos, bares, restaurantes, comercios, empresas, etc. Facilítase unha listaxe de contactos clasificados por categorías (teléfonos de interese), con ferramenta de buscador para axilizar o acceso á información e posibilidade de chamada automática ó teléfono seleccionado.
Cada elemento do directorio pode incorporar información adicional como e-mail de contacto, páxina web, horarios de apertura, documentos adxuntos (información sobre ofertas, menús de restaurantes, etc.) e coordenadas GPS para facilitar a navegación ata a porta do establecemento. Os usuarios poden gardar os seus contactos favoritos para ter un acceso rápido.
Mensaxes
A aplicación “Mondoñedo APP” crea unha canle directa e bidireccional coa ciudadanía, ao tempo que permite a cada usuario subscribirse a notificacións para recibir avisos no seu teléfono móbil sobre as últimas noticias municipais. Tamén permite facer que a veciñanza participe dun xeito directo no avance da cidade, facilitando unha canle de retorno onde os usuarios poden comunicar consultas, incidencias ou suxestións, enmarcadas en diferentes temas de interese (auga, alumeado público, contaminación, vías públicas, parques, mobiliario urbano, catástrofes, lixo, limpeza, etc.). Estas mensaxes poderán enviarse dun xeito inmediato incorporando opcionalmente fotografías e localización GPS, ó tempo que se facilita un seguimento do estado das comunicacións en tempo real.
Descarga Mondoñedo APP
O deseño gráfico da aplicación é actual e agradable para o usuario final, acorde coa imaxe do Concello de Mondoñedo e de súa área de turismo. Está baseada en “tabs” (pestanas), que permiten crear una interface de usuario moi intuitiva e doada de utilizar, na que se pode acceder ás funcionalidades principais simplemente pulsando sobre una barra de botóns situada en la parte inferior de la pantalla. Esta app conta, ademais, con ferramentas de accesibilidade integradas.
A aplicación xa está dispoñible para todos os usuarios das principais plataformas de móbiles (Android de Google –https://play.google.com/store/apps/details?id=com.liderfy.mondonedo– e iOS de Apple –https://apps.apple.com/es/app/mondo%C3%B1edo-app-liderfy/id1578112893-) e pode descargarse nas respectivas “stores” buscando polo termo “Mondoñedo APP”. A aplicación foi desenvolvida pola empresa galega Liderfy.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



